miércoles, 29 de octubre de 2008

¡FELICIDADES!

Como contábamos onte, hoxe celebramos os cumples. Foi un día moi divertido, ainda que nos lembramos moito de Marta que non puido celebralo por estar enferma. Martiña, un biquiño de toda a clase!!
O primeiro foi darlle a coroa a Carlos para que a decorase ó seu gusto, e quedou ben bonita. Este foi o resultado:

O seguinte foi o que máis éxito tivo: ¡comer a tarta!. Era de galleta, iogur e chocolate, adornada con osiños e plátanos:

E despois de cantar dándolle os parabéns o homenaxeado, acabamos coa tarta enteiriña nun pis pas. Aitana deixanos unha mostra do satisfeitos (e manchados) que quedamos:

E como colofón, cantamos, bailamos, bailamos....

...e bailamos!
video

martes, 28 de octubre de 2008

Mañá é día de cumples

Mañá mércores, a parte de seguir cos preparativos do Samaín, toca día de cumple. Como a finais de setembro non os puidemos celebrar (co período de adaptación fíxose moi difícil), mañá celebraremos os de agosto, setembro e outubro. Así que Marta e Carlos, preparádevos!!
Estes somos nos esta mañá preparando a tarta que agora mesmo nos espera na neveira do cole:

viernes, 24 de octubre de 2008

O gran éxito da temporada

Pode que estos días os vosos fillos falasen dun "tallarín, que se mueve por aquí, que se mueve por allá", de "un cocodrilo que se metió en la cueva" o de "el mamut que quería volar". Quizás cantasen algo mentres facían xestos... por se alguén todavía non o adivinou, é que resulta que xa temos o gran éxito da temporada. Trátase do "Popurrí del tallarín". Unha canción que piden a todas horas, unha e outra vez, sen cansarse. Así que decidimos compartila con vos, en forma de video,para que vexades cales son os movementos: (é tan só a primeira canción,non atopei ningún corte de vídeo solo con esta canción):

jueves, 23 de octubre de 2008

Chegou o outono ó cole


Levamos uns días observando, investigando e aprendendo que cousas pasan no outono. Polo pronto sabemos que as follas de moitas árbores caen, vai un pouco mais de frío, crecen diferentes tipos de setas e nacen moitos froitos moi ricos. Decidimos adornar un pouquiño a clase acorde coa estación na que estamos, así que preparamos unha árbore coas súas follas otoñais, unhas setas... pero o que máis nos gustou foi a exposición de froitos que organizaron os nenos de primaria e que visitamos esta mañá. Despois do recreo preparámonos para subir o piso de arriba, e alí, no corredor, descobrimos unha mesa con moitos froitos que coñecíamos (castañas, pementos, tomates, mazás, uvas, cabazas...), e outros que descubrimos hoxe (como millo, maracuiá, figos, acivro, avelás, calabacín...). Así que na Clase dos Cabaliños estamos totalmente inmersos no outono. E seguimos investigando!

lunes, 20 de octubre de 2008

Descansando

Que o recreo é un momento para correr, saltar e desfogarse, é algo que xa contamos. Pero ás veces, con este solete que temos, a pesares de estar a finalizar o mes de outubro, dan ganas de sentarse á sombra, descansar e falar. Esto é o que fan os rapaces cando chega o momento de relaxarse:


jueves, 16 de octubre de 2008

Estrenando plasti

Hoxe pola mañá temprano, antes de marchar coas profes Ana e Montse (profes de relixión e actividades alternativas respectivamente), decidimos estrenar plasti. Tocou a de cor vermella. Hoxe non valía utilizar os cacharros da cociniña, mesturala, nin levala de paseo. Tiñamos liberdade de facer o que quixeramos, pero contando ós demáis cal era a nosa obra maestra. Houbo tartarugas, caminiños, serpes, churros, pontes, trenes e un longo etcétera. Pasámolo moi ben!

lunes, 13 de octubre de 2008

O recuncho da biblioteca


Na nosa clase temos un recuncho adicado ós libros. Trátase dunha esquiniña da aula con moita claridade, unha alfombra, un par de coxíns e un banco, onde os rapaces poden coller un conto e estar ben cómodos. Alí aprenden a manipular os libros, tratalos con coidado, a buscar o que máis lle gusta, investigar, e colocalos ben cando acaban con eles.
O momento que máis partido lle sacan os nenos e nenas de clase, é despois da merenda. Mentres esperamos a que sexa a hora de sair o patio podemos acercarnos a biblioteca. Deste momento son as fotos de hoxe.

viernes, 10 de octubre de 2008

O recreo


"¿Cando saímos ó patio?". Esta frase sempre a di algún rapaz, ás veces cando levamos ¡menos de media hora no cole!. Por eso podedes imaxinar o que lles gusta saír a xogar alí. Agora xa se empezan a dar de conta que nunca saímos ó patio ata que traballamos un pouco, e despois de merendar. Iso é arredor das once e media da mañá, cando todos os demáis nenos de infantil (catro e cinco anos) tamén saen. Por eso é un momento ideal para a socialización e para aprender a compartir os espacios e os xoguetes. Tamén é un momento para desfogar toda esa enerxía que levan retendo dende as 8.45 da mañá.
No patio xogan normalmente coas carretillas, as construccións e os tobogáns. Corren, saltan, é ultimamente a moitos gústalle ensinarnos as profes todos os logros que están aprendendo (saltar sobre un pe, facer volteretas, pegar saltiños, etc...). E cando os nenos maiores marchan e nós quedamos un ratiño máis, algúns sentanse arredor da profe Ana e miña e falan, cantamos algunha canción... non nos aburrimos.

miércoles, 8 de octubre de 2008

Os manteis


Despois do pequeno caos que foi o período de adaptación, xa estamos empezando a adquirir pequenas rutinas e normas, e claro, tamén a traballar un pouquiño. Un dos momentos favoritos dos rapaces é a hora de merenda, e dímonos conta que todavía non tiñamos manteis para os pequenos accidentes cos iogures ou a auga. Puxémonos mans á obra, e con folios de diferentes cores cada un, fixemos un bonito debuxo. Logo pedímoslle a Paula, a conserxe, que nos los plastificara, e... xa temos o noso mantel a proba de actimeles!!


martes, 7 de octubre de 2008

O período de adaptación

Os primeiros días do cole son duros para todos. Os nenos, os pais e a profe temos que adaptarnos os uns ós outros. Foron días de choros e risas, de exploración dos recunchos da clase e do patio, de coñecer nenos da nosa aula e de outras clases, xoguetes novos que temos que compartir (e recoller)... tantas e tantas cousas!!
Dende aquí quero dicir que todo foi de maravilla, e os rapaces, en xeral pasaron estes días moi ben.



Xa levamos unha semana incorporados ó ritmo do cole, con clases de educación física, inglés, relixión e alternativas. É un ritmo forte para os rapaces que acaban ó día mallados. Pero que ben o pasamos!

viernes, 3 de octubre de 2008

Poñémonos en marcha!!

Este blog comeza a funcionar. Pouquiño a pouco. A idea é que todos participemos neste proxecto: a mestra, os rapaces, os pais, familiares e amigos. Todos podedes propoñer ideas e suxerencias, a través do mail, do blog, en persona ou da maneira que se vos ocurra. Pola nosa parte, mostraremos o día a día e todo o que vaiamos aprendendo.
Polo de agora, comentar que o nome da clase "A Clase dos cabaliños" foi elexida por votación polos nenos. Foi unha votación moi reñida... moitos querían ser "A clase dos camións"!!!
Comezamos!!