lunes, 30 de mayo de 2011

Van Gogh

Hoxe, co motivo de traballar o cadro "Os xirasoles", coñecemos a Van Gogh e algunhas das súas obras. Estivemos falando do país no que naceu, Holanda, e vimos fotos de muiños, tulipáns, bicicletas e chairas. Tamén vimos unha chea de cadros do autor, que a dicir verdade, tiveron moito éxito: "Noite estrelada", "os Lirios", "Casa Amarela", "Campo de millo con corvos" e un longo etcétera engaiolaron ós nenos.

Aquí estamos traballando co cadro:

jueves, 26 de mayo de 2011

Traxes rexionais

Este martes, Orballo veu ó cole a explicar e ensinarnos cómo son os traxes rexionais galegos (tanto de cotío, como de festa). Un par de profes prestáronse para facer de maniquíes e poder observalos en todo o seu esplendor.



Ó final de todo, deixáronnos acercarnos a tocar e probar. Estábamos moi guapos!

martes, 24 de mayo de 2011

A vida no mar



Carlos e a súa familia fixeron unha gran investigación da vida no mar que quixeron compartir con nos. Aqui vos presento o mural, que Carlos nos explicou e do que aprendemos moito. Agora está no Recuncho do mar para poder consultalo cando queiramos. Moitas grazas!!
(Se o queredes ler con detemento, xa sabedes que tedes que clicar na imaxe).

lunes, 23 de mayo de 2011

Isto marcha!



Xa temos moitísimo material para traballar co noso novo proxecto. Os nenos trouxeron de todo: cunchas de todo tipo, ovos de xibia, area, cangrexos, algas, pedras, libros, información de internet, bonecos, e incluso unha lampariña que simula o fondo do mar.
Hoxe estivemos reunidos contando as cousas que sabiamos do material que trouxemos, e xa aprendimos unha morea de cousas novas!

viernes, 20 de mayo de 2011

Actuación Día das Letras Galegas

O pasado día 12 celebramos un acto do Día das Letras Galegas, adicado a Lois Pereiro. Actuou o grupo Iriadona, cantamos, bailamos e disfrutamos como ananos da música que nos ofreceron.




Aquí tedes un anaquiño da actuación, coa que se gañaron a atención do público dende o principio, gracias o tema de Bob Esponja.
video

miércoles, 11 de mayo de 2011

O mural do mar



Onte estivemos facendo un mural para adornar o Recuncho do Mar, o último proxecto deste curso. Nun gran papel azul contínuo recheamos as siluetas de diferentes animais mariños: peixes, tiburóns, polbos e cabaliños de mar. O resultado foi bastante vistoso. Que vos parece?

Varias cousas

A última hora dos venres é o momento do xogo libre. Por raro que pareza, os rapaces o que prefiren, con diferencia, é debuxar e escribir. Sobre todo escribir contos entre varios nenos. Fan verdaderas maravillas! Este último venres Iván lanzouse a escribir unha historia sobre un neno que tiña superpoderes. Ó final quedou un pouco atascado, xa que quería rechear as tres folliñas e non sabía como continuar, pero ó final, conversando, sacamos a historia adelante.
Xurxo escribiu unha historia sobre Batman e o Jocker, so que o fixo nos últimos dos minutos e o fixo a toda prisa, pero tamén quedou moi ben. Si clicades nas imaxes, poderedes lelas.



Por outra banda, o outro día Clara trouxo a clase un ovo de galiña minúsculo! estivémolo mirando con moita curiosidade.