viernes, 30 de enero de 2009

O día da paz

Xa son varios os días que levamos preparando a xornada de hoxe. Estivemos traballando un pouquiño o concepto da paz e intentando comprender, que a pesar de celebralo hoxe especialmente, é algo que temos que ter presente todos os días con pequenas accións. Eles mesmos din que a paz é: "ser amigos", "darnos bicos", "non pegarnos"...
Esta semana comezamos preparando a gran pomba da paz que adorna o corredor de infantil. Trátase de recheala con tódalas mans dos nenos de cuarto, quinto e sexto de educación infantil. Foi moi divertido, porque xa sabedes o que lles gusta embadurnarse de pintura:


Xa hoxe pola mañá pegamos as mans de cores na pomba de infantil, e unhas mans brancas na gran pomba xigante que hai na entrada ó cole:

Unha vez rematada esta actividade, encaminámonos á parte dianteira do cole, para recitar, xunto con todo o alumnado, os pareados elixidos para a ocasión. Tamén fixemos unha solta de pombas que trouxo a profe de inglés, Sabela. Foi moi divertido.

Ó rematar entramos todos, e os nenos de infantil ensinámoslle ós de primaria a pequeno baile que aprendimos para este día. Ó final saiu moi ben.

Por último, antes de marchar, a maioría decidimos que nos apetecía dibuxarnos algo na cara relacionado co día de hoxe. Aunque non todos quixeron, como saberedes, moitos chegaron a casa cun corazón na cara!

Ata a próxima!

jueves, 29 de enero de 2009

Próximas actividades...

... tan so unha pequena nota para contarvos que mañá toca dobre celebración: o cumple de Lucía e o Día da Paz.
Ah, e o próximo mércores día 4 de febreiro, visitaranos Antón Cortizas. Xa levamos uns días traballando os seus contos (sobre todo "Vestida co arco da vella", da que estamos preparando un mural) para poder disfrutar más da súa presencia.
Xa vos contaremos!!

viernes, 23 de enero de 2009

Buscando os nosos nomes

Seguimos traballando co noso nome. Dende que comezamos, vexo ós nenos moi motivados, buscando letras por todas partes e preguntándome sobre as letras dos contos da nosa biblioteca.
Esta vez se trataba de buscar nun mural, coa axuda da tarxetiña, o noso nome. Desta forma teñen que distinguir o seu entre outros dezanove, fixándose e comparando: si coincide a primeira letra, é moi largo para ser o meu... e así, todos conseguiron encontralo e rodealo.

Así foi o proceso:

Por certo, esta semana pasada incorporouse un novo compañeiro á clase, que se adaptou de maravilla ó cole: ¡Benvido Brais!

O pedrazo

Estos días, o clima en Pontedeume ofreceunos a posibilidade de investigar algún que outro fenómeno. Primeiro foi a xiada que nos permitiu ver e tocar a auga conxelada acumulada no tobogán do patio.
Esta semana o protagonista foi o pedrazo. O martes, antes de chegar ó cole, empezaron a chover pedras conxeladas do ceo, o que nos permitiu sair a observar, tocar e preguntarnos porqué ocurren estas cousas:

Por outra parte tamén querría comentarvos que non sempre dispoño de conexión a internet, e cando onte me enterei da cancelacións das clases, deume moitísima rabia non poder informarvos no blog. En fin, espero que a alguén se lle ocurrise mirar o blog das foquiñas, da profe Ana, que sí o comentaba.
Un saúdo a todos!!

lunes, 19 de enero de 2009

Traballamos cos nosos nomes

Un bo punto de partida para comezar a familiarizarnos coa lectoescritura é o noso nome. Todos os rapaces están desexando saber recoñecelo e escribilo, por eso, dende principio de curso o temos posto en distintas partes da clase (mesas, cubetas...). Pero dende a semana pasada comezamos a dar algún pasiño máis: fixemos una tarxetas coa nosa foto e o nome, que estarán da nosa man e poderemos consultar cando o necesitemos e nos apeteza. O venres estivemos traballando con elas: primeiro as miramos, contamos cantas letras ten o noso nome, si é longo ou curto, si é máis longo que o do compañeiro, buscamos a primeira letra ...

Despois de todo este traballo de observación, puxémonos mans á obra: escribir o noso nome por vez primeira!. Collimos un papeliño, un rotulador e fixándonos en todo o que aprenderamos (por que lado se empeza, as letras van unhas detrás de outras, etc) comezamos a escribir. A verdade é que están moi motivados e todos o fixeron xenial.

O resultado final foi estupendo, e agora colga da nosa parede:


¡E isto non fai máis que comezar!

sábado, 17 de enero de 2009

Iván cantando

A verdade é que a nosa clase, é unha clase moi musical e cantarina. A tódolos rapaces lles gusta cantar e sobre todo bailar. Xa vos contei o éxito de "Cantajuegos", ás cancións clásicas infantís tamén teñen os seus adeptos, e, como non, os últimos éxitos das listas de ventas.
Aquí temos un exemplo. Fai xa uns días, Iván deleitounos cunha interpretación de "Tenía tanto que darte" de Nena Daconte. A verdade é que entonouna xenial!!

video

viernes, 16 de enero de 2009

Os disfraces

Na clase temos unha caixa cunhas pouquiñas cousas para disfrazarnos: un par de gorros, bolsos, dous pares de gafas, uns trapos e algunha cousa máis. E a verdade, é que o curso pasa, e puiden observar que non se cansan de xogar con todo este material.

Como na clase das foquiñas teñen un montón de disfraces, déronnos moi amablemente uns poucos para poder disfrutalos. E vaia se disfrutaron: agora xa temos un pareo, un traxe de policía, máis gorros e bolsos, e ata un poncho!.

Este tipo de xogo simbólico e de roles é moi importante para os nenos, pois estimula a súa imaxinación, axuda á socialización, á expresión de sentimentos e aprenden de maneira máis divertida todo tipo de conceptos -entre outras cousas -. E o pasan xenial, claro!