miércoles, 28 de octubre de 2009

O Samaín

O Samaín chegou ó cole e á Clase dos Cabaliños. Estivemos traballando moitos días para adornar o cole e que tivese un aspecto "de medo". Tamén teño que decir que vos tamén traballasteis moito, pois as cabazas que os nenos trouxeron ó cole estaban chulísimas!
Aquí as podedes ver:

E así foi como quedou o cole:

Manifestación

O pasado venres celebrouse a manifestación para intentar arranxar os defectos que vimos sufrindo últimamente no centro. A participación foi moi alta e esperemos que valese para algo. Pásovos un par de fotiños.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Suspensión onte das clases de infantil

Non fai falta que vos conte que onte os nenos tiveron que voltar para casa, e a verdade é que a situación foi o suficientemente extrema (por insalubre) como para tomar esta medida.
A primeira hora os profes encontrámonos coa desagradable sorpresa, primeiro dun olor nauseabundo nada máis entrar pola porta, e logo ver que a nosa clase (e todas as de infantil)estaban cheas de augas fecais. Como comprenderedes, esta non é situación para que rapaces que se tiran polo chan, que todo o tocan e levan as mans a boca con asiduidade...
Xa volo comentei os pais con quen falei, pero dígovos a todos que o poder para facer forza é voso, á vos é a quen faran caso, así que anímovos a pasarvos polo ANPA e solicitar información do que está sucedendo e que cousas podemos facer para arranxar. Todo sexa polo benestar dos nosos fillos.
Aquí vos poño un par de fotiños, e enlaces á TV e prensa:

Noticia no telexornal das 20.00h de onte
Noticia na Voz de Galicia
Noticia na Opinión

domingo, 18 de octubre de 2009

Cousas varias

Tras arranxar uns problemillas coa cámara, dinme conta que este curso todavía non vos ensinara fotos nuns dos lugares do cole onde mais disfrutan os rapaces: o patio.
Quitando algúns días, tivemos ata o de agora bastante sorte co tempo, así q o disfrutamos a tope. Aquí unha pequena mostra.

Por outra parte, contarvos que estamos celebrando unhas xornadas dedicadas o poeta de Pontedeume Ramiro Fonte, xa que fai un ano que faleceu. Pola nosa parte actuaremos o luns ante os compañeiros do cole, na todo infantil recitaremos unha poesía-adiviña que igual algún de vos xa escoitou por casa.

E por último, un "popurrí" de fotos sacadas dende principio de curso.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Os nosos libros favoritos

Pode que xa o curso pasado escoitásedes os rapaces falar dos contos que lemos na clase. Pero existen tres ou catro que "hai que lelos" moi a menudo, pois a eles encántalles. Pois este curso non se olvidaron deles, así que esta semana pasada estivemos traballando un pouquiño con eles.
Primero foi "A casa da mosca chosca". Este o saben de memoria e cando o conto eles contan a metade da historia:

O outro co que estivemos traballando foi "Os tres bandidos". Este conto ó principio descolocou un pouco ós rapaces ("os tres bandidos son bos ou malos?"). Pero pasado este desconcerto, agora lles encanta a historia deses tres misteriosos homes con capas negras e a nena Úrsula. Fixemos unha ficha con código de cores que quedou moi ben.

A idea é traballar un pouquiño cos nosos contos favoritos...

domingo, 4 de octubre de 2009

Cumples de agosto e setembro

Este venres celebramos unha pequena festa para os dous rapaces que cumpliron anos nos meses de agosto e setembro: Carlos e Marta.

O igual que o curso pasado, encargámonos nós da tarta, que nesta ocasión, e tras unha intensa votación, tivo forma de estrela.

E trala comilona, unha boa festa, na que como sempre, bailamos, xogamos e leímos!!

¡Felicidades Marta e Carlos!