domingo, 31 de mayo de 2009

Cumples de maio

O mércores fixemos unha festa de cumple multitudinaria, cumplían nada menos que catro rapaces: Santi, Iván, Xurxo e Pablo. Repetimos a tarta dos últimos cumples visto o éxito que tivo. Cando viron que lles sacaba a foto, os catro posaron con moita profesionalidade, agarrados das mans. Logo, como non, tocou festa: comer, bailar e xogar.

jueves, 28 de mayo de 2009

En Cabanas

Hoxe foi un día especial, no que fomos a pasar a mañá ó parque de Cabanas. A eso das dez e media comezamos a prepararnos, e mentres esperabamos un pouco polas outras clases, puxemos un CD coas cancións de éxito da clase ("Tenía tanto" ou "Colgando en tus manos") e....neste vídeo podedes ver a emoción pola saída inminente mentras bailan:

A mañá foi moi divertida: merendamos e xogamos un montón. E todos se portaron como campeóns durante o camiño, foron e volveron camiñando en fila, sen correr e con cuidadiño. Así da gusto!. Aquí vos deixo un montón de imaxes:

viernes, 22 de mayo de 2009

Últimos acontecimientos

Na última semana pasaron algunhas cousiñas que todavía non vos contamos. ¿Recordades que Marcos trouxo uns vermes de seda moi grandotes? Pois o xoves da semana pasada volveunos a traer e descobrimos que xa non eran como antes. Puidemos comparalos cos que temos no corredor, e vimos que xa non comían, e que durmían dentro da súa "casiña", un capullo do que saldrían dentro dun tempo.

Este luns, celebramos os actos do Día das Letras Galegas, no que os maiores leron os poemas que presentaron ó concurso da biblioteca. Nós aproveitamos para leer o poema composto por tódala clase, títulado "Plutón". Por outra banda, adxudicouse o premio da portada da revista do cole ¡!e o gañamos toda educación infantil polo noso mural de Ramón Piñeiro!!. Santi foi o encargado de recoller o detalliño que tiñan para nos, en representación de todo o ciclo de infantil. Para rematar, anunciaron a actuación dun gaiteiro para cantar varias cancións, que resultou ser o profe Breogán, que o fixo moi ben. Como o practicamos algunhas veces na clase, cantamos bastante ben a "saia de Carolina".

lunes, 18 de mayo de 2009

Compoñemos o noso nome


Estes días estamos a traballar moito co noso nome, e o último foi facer unha "pesca de letras". Se trata de buscar entre un montón de letras as que pertencen o noso nome, colocalas, e pegalas. Todo o facemos nós sos porque xa somos maiores, incluso pegar papeis tan pequenos!!. Polo de agora so o fixemos a metade dos nenos, os demais xa o iremos facendo os próximos días. Mirade que concentrados estaban:

miércoles, 13 de mayo de 2009

Un paseo polo parque


Aproveitando que o día amenceu asoallado, decidimos ir a pasar un ratiño e merendar no cercano Parque de Lombardero. Tamén aproveitamos para ver e coñecer as diferentes tipos de árbores das moitas que alí hai.
Aquí estamos merendando, nada máis chegar:

Unha vez recollidas as mochilas e tirado os papeis a papeleira, comezou o máis divertido...¡xogamos un montón!

Logo o día púxose moi oscuro, recollimos as cousas e dimos unha voltiña mirando as árbores do parque. Descobrimos que había moreiras (que son as que teñen as follas que comen os vermes de seda que temos no cole), palmeiras, "árbores do amor" (coas follas en forma de corazón) e a árbore da bruxa. Despois disto xa marchamos para o cole...¡o pasamos xenial!

viernes, 8 de mayo de 2009

Visítannos os vermes de seda


Levamos un tempo observando o día a día dos vermes de seda que teñen na clase das foquiñas, que están nunha caixiña no corredor. Estes vermes todavía están un pouco pequeniños, pero o xoves Marcos trouxo ó cole os seus vermes de seda e..¡son grandísimos!. Estivemos observándolos, facéndonos preguntas e ó ser tan grandotes podíase ver con total claridade como ían comendo as follas da moreira, ¡a unha velocidade incríble!. Moitas gracias, Marcos, por compartilo con nós.

domingo, 3 de mayo de 2009

Os Maios

O xoves foron os maios no cole, unha celebración na que todo o cole participou. Para nós, a mañá comezou no ximnasio, onde nos reunimos todos os rapaces do ciclo de educación infantil e xuntamos tódas as flores que trouxemos da casa.

As profes encargámonos de poñer o verde no maio, pero foron os nenos os que elixiron as flores e as puxeron. Aquí tedes a algúns concentrados e metidos en faena:

E aquí tedes o resultado final.

Despois do recreo, fomos a clase a prepararnos, adornando as nosas cabezas

Logo, como o tempo non acompañou, fixemos todo o festival no corredor principal do cole. Alí nos sentamos a ver desfilar os maios doutros ciclos, e nós desfilamos co noso.

E ata aquí a celebración dos maios. Espero que disfrutásedes deste longo fin de semana.