domingo, 3 de mayo de 2009

Os Maios

O xoves foron os maios no cole, unha celebración na que todo o cole participou. Para nós, a mañá comezou no ximnasio, onde nos reunimos todos os rapaces do ciclo de educación infantil e xuntamos tódas as flores que trouxemos da casa.

As profes encargámonos de poñer o verde no maio, pero foron os nenos os que elixiron as flores e as puxeron. Aquí tedes a algúns concentrados e metidos en faena:

E aquí tedes o resultado final.

Despois do recreo, fomos a clase a prepararnos, adornando as nosas cabezas

Logo, como o tempo non acompañou, fixemos todo o festival no corredor principal do cole. Alí nos sentamos a ver desfilar os maios doutros ciclos, e nós desfilamos co noso.

E ata aquí a celebración dos maios. Espero que disfrutásedes deste longo fin de semana.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Què bonito os quedò!!! y cuànto trabajo recompensado!GRacias por el blog.

Mary Carmen dijo...

O Maio quedou precioso.Tamén os nenos estaban moi lindos e simpáticos cás coroas.
Un bico.