sábado, 25 de diciembre de 2010

Fallo técnico

Por un fallo na cámara, polo de agora non podo poñer as fotos do festival do Nadal. Espero telo arranxado á volta das vacacións e así todos podades disfrutar dese día que foi tan intenso.
Como sempre, se algún de vos quere mandar as fotos do festival para poder compartilas e subilas a este blog, a dirección do correo é: infantilcouceirofreijomil@gmail.com

Disfrutade todos do Nadal e aquí vos deixo unha felicitación que nos dedicaron:

jueves, 23 de diciembre de 2010

Aniversarios decembro



Este luns celebramos os aniversarios de decembro, e tocoulles o turno de celebrar a Carlota, Eva e Julia. As tres traballaron xuntas nunha tarta do mais orixinal!!traía a foto das tres e era comestible. Cantamos, comimos e bailamos un montón.



¡Parabéns Eva, Carlota e Julia!

domingo, 19 de diciembre de 2010

Preparando o Nadal

O fin do primeiro trimestre se achega, e xa levamos un tempo decorando con motivos de Nadal. Aquí tedes os rapaces traballando e o aspecto do corredor:

jueves, 16 de diciembre de 2010

Visita a Betanzos

Este martes fomos de excursión a Betanzos onde visitamos o Museo das Mariñas e o Belén con movemento. Cediño collimos o bus á porta do cole, e mentres os mais pequenos ían ó Belén, nós fomos ó museo, onde vimos un monte de cousas interesantes: maquinaria antiga, pequenas casas a escala, traxes tradicionais, ósos de balea...



Ó sair xa tiñamos moita fame, así que sentados na praza, merendamos. Cando rematamos fomos ó Belén, onde, sentados nunhas bancadas, vimos todas as figuras en movemento, incluidas cascadas de auga e peixes de verdade!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

VIKINGOS!!

O proxecto do millo deu moitísimo de sí, e unha das historias que apaixoaron ós nenos foi a de Cristobal Colón. Aprenderon un monte de cousas: que naquela época se creía que a terra era plana e grandes monstros esperaban tralas cascadas do fin do mundo, que cando Colón chegou a América descobriron non só o millo, senon tamén as piñas, o cacao e as patacas, que viaxou en tres carabelas durante moitos días e un longuiiiisimo etcétera.



Falando sobre o descubrimento de América, Xurxo contounos que en realidade os primeiros que chegaron a América foran os Vikingos!! Decidimos entre todos investigar esto e de paso aprender máis cousas deste pobo antigo. Algúns rapaces xa trouxeron algo de material (información de internet, debuxos, un capítulo das Tres Mellizas e algún libro) así que si algún de vos tedes calquera cousiña interesante ó respecto pola casa, si queredes a podedes achegar ó cole (senón, non pasa nada).
Xa temos o recuncho preparado e estos días estamos pensando que cousas queremos aprender do tema. Agora estamos algo ocupados co tema do Nadal, pero á volta das vacacións xa empezaremos a tope cos Vikingos!!

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Aniversarios de novembro


O pasado venres celebramos os aniversarios do mes de novembro. Aitana e Marcos fixeron un bo traballo en equipo e trouxeron unha tarta impresionante: un castelo, co seu dinosaurio e princesa, e as súas torres e todo!!
Foi unha mañá moi divertida. Parabéns!!

lunes, 22 de noviembre de 2010

Visita á panadería

Continuando co proxecto do millo, os pais de Rocío invitáronnos a visitar á súa panadería. Cando fomos á casa dos avós de Sabela vimos como o millo se convertía en fariña, e hoxe puidemos ver como a fariña se converte en pan.
O tempo acompañou, e fomos camiñando ata alí, saudando a xente que encontrábamos polo camiño.



Unha vez dentro ensináronnos unha máquina onde se van mesturando os ingredientes básicos do pan. Logo déronnos un cacho de masa para facelo coas nosas propias mans. Sen duda, foi o que máis lles gustou ós rapaces, estiveron amasa que te amasa, dando formas como uns verdadeiros profesionais.



O seguinte xa foi observar como unha máquina convertía a masa en barriñas de pan listas para fornear ¡era moi rápida!



O último foi ver como metían a bandexa xigante no forno (a 200 graos !!) cos pans que moi amablemente nos levarían ó cole cando estiveron listos.



Para que vexades como traballaron os rapaces, aqui vos deixo un video:

video

Tan so nos queda agradecer á Panadería Ríos (e, por tanto, ós pais de Rocío) a súa amabilidade por acollernos tan ben.