miércoles, 24 de febrero de 2010

Excursión á Domus

Como ben sabedes, onte fomos de excursión á Casa do Home, na Coruña. Foi un día moi intenso que comezou coa viaxe no autobús, cousa que lle encanta ós rapaces. Levamos as identificacións de sempre (as tarxetas vermellas dos cabaliños) e tamén estrenamos unhas pañoletas para vernos mellor todavía.



Unha vez alí, e despois de mirar polo ventanal a vista sobre a bahía, deixamos os abrigos e mochilas e preparámonos para comezar o noso percorrido



Había moitísimos módulos nos que experimentamos co noso corpo:



Cos nosos sentidos:



Aprendimos como funcionan algunhas cousas



E o mundo!


E como non, estivemos moi atentos as actividades relacionadas cos bebés e nacimentos, xa que o estamos traballando na clase. Vimos o vídeo do parto (que por certo a todos lles encantou... cando naciu o bebé todos dixeron "ooooooooooooooh, que bonito"). Vimos fotos e tocamos unha barriga dun maniquí que daba un montón de patadiñas:



Ó final acabamos derrotados, esperando polo bus.



E así foi a nosa experiencia, na que aprendimos moito e o pasamos moi ben.

lunes, 22 de febrero de 2010

Quemamos o entroido

Xa para rematar coas entradas do Entroido, ímovos contar como foi o xoves pasado. Pola mañá chegamos todos moi guapos, porque era o día no que podiamos vir disfrazados como quixeramos. Había de todo: piratas, demos, médicos, arañas, Brancaneves e ata unha Lisa Simpson. Esta foi a chegada a clase.

Xa non puxemos o mandilón, pero si que estivemos na clase traballando un pouquiño e falando destas festas. Era moi curioso estar pola clase facendo cousas cunha sevillana ou un ninja.


Xa despois do recreo, saímos con todo o cole para enterrar, chorar e cantarlle ó Antroido. Seguimos o seu cadaleito mentres que lle cantabamos o "Xa morreu...".


Ata aquí o que deron de sí as festas do entroido. Se algún de vos quere compartir con nós algunha foto, sobre todo do pasarrúas, xa sabedes que podedes enviala ó correo do blog: infantilcouceirofreijomil@gmail.com

jueves, 18 de febrero de 2010

A comilona

O xoves, todos os rapaces trouxeron algo de comida típica do entroido para compartir cos compañeiros de infantil: filloas, orellas, flores e un longo etcétera. A verdade é que a comida foi tanta que chegou para repetir a experiencia o venres. Aquí tedes a mostra de como se puxeron: