A mala sorte fixo que me puxese enferma o luns e polo tanto foime totalmente imposible asistir o festival de Nadal. E ben que o sinto, que despois de traballar con eles ó final non puiden ver o resultado. Pero seguro que as miñas compañeiras o fixeron estupendamente e os rapaces tamén. O malo é que non dispoño de fotos, así que me encantaría que algún de vos me mandase algunha para ter eu, e para colgar aquí e as poidan ver os demais. Recordade, o mail é infantilcouceirofreijomil@gmail.com
Por otra parte, antes de rematar o trimestre, celebramos os cumples de novembro e decembro. Os homenaxeados nesta ocasión foron Marcos, Eva, Carlota e Julia (Aitana tamén, pero tamén caeu enferma). Aquí tedes unha mostra da festiña que montamos:
Como xa contamos na entrada anterior, foron moitas as cousas que levamos feitas para estas festas. Nesta ocasión os falaremos do Belén colectivo que temos montado no cole. Este ano tocounos facer as casiñas, e para ello, recubrimos con anacos de plastilina moi aplastados, varios tetrabricks.
Una vez rematadas fomos colocalas e a ver como está quedando o traballo dos demais nenos do cole.
Tamén fixemos unhas estrelas moi bonitas para adornar o ceo do Belén.
A Xunta de Galicia suspende as clases mañá, xoves día 16 de Decembro, por mor das condicións metereoloxícas. Deixovos o enlace coa información: Xunta Portal Educativo Grazas e ata o xoves.
Na clase xa estamos metidos de pleno nos preparativos do nadal. Fixemos moitas cousas para decorar o cole e para levar para casa. Por exemplo, unha felicitación de nadal que recortamos e escribimos nos sos. Quedou moi bonita. Tamén dimos un bo uso os rolos de papel hixiénico que mandachedes das casas. Os pintamos de verde, botamos purpurina, puxemos gomets, e agora forman parten dunha árbore de nadal colectivo que aínda está en construcción. Continuaremos contándovos na seguinte entrada!
Levamos uns días traballando a mestura de cores. Aprendimos que si xuntamos o amarelo e o azul, sae o verde, e se mesturamos o vermello e o amarelo, o laranxa. Onte estivemos pintando unha "paisaxe de outono", unha árbore case desnuda con unhas cantas follas laranxas (cor conseguida tras mesturar a pintura). Deixovos estas imaxes e disfrutade de este longo fin de semana.
Hoxe estivemos falando dos nosos contos favoritos. Tras facer o debuxo do conto, escribimos nos sós o título! De un en un, e con moita paciencia, fomos deletreando e escribindo como mellor soubemos, e a verdade é que foi moi ben.
Ademáis, este curso temos un montón de tizas de cores no encerado, e tamén nos sirve de campo de entrenamento á hora de escribir autónomamente. Algúns deciden copiar o que escribimos as profes noutras clases, outros o que lles apetece...
Parece mentira que despois de tanto tempo non se me ocurrira subir ningunha entrada das clases de psicomotricidade, que tanto lles gustan ós nenos. O venres pasado Roberto preparou un circuito moi divertido no que nós éramos como coches. Tiñamos que circular, tendo en conta as sinais de tráfico: parando nos Stop, correndo pola autopista, xirando na rotonda, pasando por debaixo do tuneis... Como podedes ver, o pasamos de medo!
Aínda que xa sabemos dende setembro que estamos no outono, por fin rematamos de decorar a clase como a estación se merece. Nós, xunto co resto das clases de infantil, adornamos o corredor.
Tamén estivemos facendo entre todos un mural de outono que colocamos para compartilo con todos os compañeiros e o vexan ó pasar pola nosa clase. Debuxamos castañas, árbores, herba, nenos correndo, algunha seta.... aquí estamos todos concentrados coa nosa obra de arte:
Ola! Este é o blog dos rapaces de 5 anos B do CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume). Aquí poderedes ver os avances e experiencias que sucedan no noso día a día no cole.