Como xa vos dixen hai uns días, estamos comezando a traballar nun proxecto que trata un tema apaixoante: O Universo.
Todo comezou a semana pasada, cando nos visitou un planetario viaxeiro. Era como un iglú xigante no que nos ensinaron como era o ceo nocturno, que as estrelas se moven, e que forman imaxes que lles dan nome: a osa maior e menor, o cazador, etc.

Na clase fixemos unha posta en común con dúas propostas interesantes: ¿que sabemos do universo? ¿que nos gustaría saber? Si clicades na foto, veredes as respostas:

Eso si, en canto nos poñamos mans á obra, está moi claro que ambas columnas do mural irán crecendo, porque iremos aprendendo e irán surxindo mais e novos intereses.
Polo de pronto acabamos de crear o "recuncho do universo" un rinconciño na clase que estará dedicando íntegramente a este tema e que expondremos o material aportado desde casa, do cole e os nosos traballos.

Dende aquí anímovos unha vez mais a implicarvos no proxecto, podedes aportar contos, libros de consulta, DVDs, fotos, calendarios, bonecos, material feito na casa, debuxos, bolas do mundo e infinidade de cousas que se vos ocurran. Tamén podedes vir a contarnos un conto, explicarnos calquera cousa, facer un xogo... polo de pronto xa estou impaciente que chegue o luns para que Xurxo nos conte todo o que aprendiu no Planetario da Casa das Ciencias de Coruña.