Hoxe estivemos falando dos nosos contos favoritos. Tras facer o debuxo do conto, escribimos nos sós o título! De un en un, e con moita paciencia, fomos deletreando e escribindo como mellor soubemos, e a verdade é que foi moi ben.
Ademáis, este curso temos un montón de tizas de cores no encerado, e tamén nos sirve de campo de entrenamento á hora de escribir autónomamente. Algúns deciden copiar o que escribimos as profes noutras clases, outros o que lles apetece...
Parece mentira que despois de tanto tempo non se me ocurrira subir ningunha entrada das clases de psicomotricidade, que tanto lles gustan ós nenos. O venres pasado Roberto preparou un circuito moi divertido no que nós éramos como coches. Tiñamos que circular, tendo en conta as sinais de tráfico: parando nos Stop, correndo pola autopista, xirando na rotonda, pasando por debaixo do tuneis... Como podedes ver, o pasamos de medo!
Aínda que xa sabemos dende setembro que estamos no outono, por fin rematamos de decorar a clase como a estación se merece. Nós, xunto co resto das clases de infantil, adornamos o corredor.
Tamén estivemos facendo entre todos un mural de outono que colocamos para compartilo con todos os compañeiros e o vexan ó pasar pola nosa clase. Debuxamos castañas, árbores, herba, nenos correndo, algunha seta.... aquí estamos todos concentrados coa nosa obra de arte:
Onte foi un día especial no cole: O día do Peón. Estivemos parte da mañá moi afanados coloreando a ficha do peón con témpera. E Iván e Brais encontraron a maneira de facer un peón con xogos de construccións. Xa despois do recreo collemos os nosos peóns e saímos ó patio de primaria a escoitar o manifesto e aprender a bailalos coa axuda dos nosos papás e familiares. Ó final bailamos a canción do peón o volvemos a clase moi contentos! A verdade é que foi un bo día e os nenos o pasaron moi ben.
Ola! Este é o blog dos rapaces de 5 anos B do CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume). Aquí poderedes ver os avances e experiencias que sucedan no noso día a día no cole.