Empezamos o proxecto dos vikingos empregando como motivación o libro que trouxo Carlos, que é moi, moi completo e conta dun xeito que os nenos entenden, infinidade de cousiñas dos vikingos. Decidimos utilizalo como guía de todo o que imos aprender. Tamén houbo máis aportacións (DVD, fotos e textos de internet...), e outras serán benvidas.

Que son os Drakkars? seguro que se lle preguntades ós vosos rapaces volo contarán, e posiblemente con detalles. Despois de ler o libro, e ollar unhas fotos de internet, isto é o que sacamos en claro:

É moito, verdade? pois despois dispuxémonos a facer o noso propio e pequeno Drakkar, engadindo e compoñendo as figuras previamente picadas. Levounos a maior parte da mañá porque lle puxeron moita vontade, pero o resultado foi moi bonito.