lunes, 3 de noviembre de 2008

O Samaín



O Samaín chegou o xoves ó cole. Puxemos as cabazas a punto, cos seus ollos, bocas, pelo e narises...¡daban moito medo!. As profes Ana e Montse axudaron ós rapaces a dar o toque final, e as levaron ó corredor, para que todo o cole puidese admiralas. Aquí tedes unha mostra:



Ese día tamén rematamos as caretas que tanto susto deron algúns rapaces, e incluso houbo profes que se disfrazaron!. Todo isto vennos moi ben para preparar o conto conxunto de terror, que xa andamos argallando.
Dende aquí damos as gracias ás profes que o xoves axudaron a que todo saíse tan ben.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

As cabazas están preciosas.Que artistas tan marabillos son estes nenos.
Penso que meu neno tivo un pouco de medo.Hoxe cando iamos para o cole, preguntou:"mamá,¿hoy en el cole van a estar las brujas?".Eu lle dixen que eran as profes,pero non quedou moi convecido.
Un bico.

Ana dijo...

Ola Mary Carmen!!
Eu como unha das meigas podo dar fe de que algo de medo si que debeu pasar aínda que quitamos a carouta e o gorro, estivemos falando con él... pero non atopaba consuelo!!
Pero bueno, non foi o único que non as tiña todas consigo, aínda que a maioría estaban moi envalentonados. Case fuxen as meigas!!!
Biquiños

Anónimo dijo...

Moitas gracias Ana.Sabendo o medo que ten o neno ós disfraces,xa me parecía a mín ......
Moitas gracias por todo e un bico.

Anónimo dijo...

"Graciñas" por el blog!!!¿Còmo conseguiste que posaran para la foto?

MARÍA dijo...

Desafortunadamente, eu non estaba. Foron as profes Ana e Montse as artistas... pero supoño que eso de posar coas cabazas tamén lles fai ilusión, e eso de poder verse despois....
Un saúdo.