lunes, 19 de enero de 2009

Traballamos cos nosos nomes

Un bo punto de partida para comezar a familiarizarnos coa lectoescritura é o noso nome. Todos os rapaces están desexando saber recoñecelo e escribilo, por eso, dende principio de curso o temos posto en distintas partes da clase (mesas, cubetas...). Pero dende a semana pasada comezamos a dar algún pasiño máis: fixemos una tarxetas coa nosa foto e o nome, que estarán da nosa man e poderemos consultar cando o necesitemos e nos apeteza. O venres estivemos traballando con elas: primeiro as miramos, contamos cantas letras ten o noso nome, si é longo ou curto, si é máis longo que o do compañeiro, buscamos a primeira letra ...

Despois de todo este traballo de observación, puxémonos mans á obra: escribir o noso nome por vez primeira!. Collimos un papeliño, un rotulador e fixándonos en todo o que aprenderamos (por que lado se empeza, as letras van unhas detrás de outras, etc) comezamos a escribir. A verdade é que están moi motivados e todos o fixeron xenial.

O resultado final foi estupendo, e agora colga da nosa parede:


¡E isto non fai máis que comezar!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Un gran resultado!Estes cabaliños moito aprenden.
Non me canso de dicir que me encanta ver ós nenos tan contentos no cole.
Un bico

Anónimo dijo...

¡Que bien escriben!!! Alguno de ellos tiene madera de médico!!!
Aunque ya quisieran muchos médicos tener tan buena letra.

Anónimo dijo...

Serà cierto que mañana no hay clase?

MARÍA dijo...

O malo de non ter internet sempre a man é non poder responder á túa pregunta a tempo, Sandra.
Polo menos a profe Ana si que pudo informar...
Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

Graciñas,nos avisò la mamà de unas primas de Eva.Tb lo confirmamos en la web de la consellerìa...Era por si estabas por ahì....;)