sábado, 28 de febrero de 2009

A casa do queixo

O xoves, recién chegados das vacacións de entroido, preparámonos para a nosa primeira excursión longa do curso, ¡estaríamos fora todo o día!.
Xa na clase os nervios estaban a flor de pel, e todos estaban desexando montar no bus.

Nada máis baixar do bus, os monitores presentáronse e dividíronnos en varios grupos, cada un de diferente cor. Así nos turnaríamos para as actividades: ver o zoo, e os diferentes obradoiros, o de filloas, as chulas e as caretas.

Aquí está un grupiño vendo o zoo, e ademais estivemos acompañados, como xa todos saberedes, pola TVG, que fixo tres conexións en directo para o seu programa "A Revista".
Ensináronnos os porquiños, vacas, avestruces, cabalos, galiñas e ata unha ovelliña que era cega que puidemos tocar.

No taller de chulas, ensináronnos que ingredientes se empregan, mesturámolos e logo a monitora as fritiu. Poidemos comer as nosas propias chulas!!

A eso da unha e media da tarde, xuntámonos todos no comedor. O menú: sopa, croquetas con patatas e iogur. Alí compartimos a comida antes de ir a xogar un ratiño.

Estivemos no obradoiro de filloas, onde, ó igual que as chulas, tamén aprendemos cales eran os ingredientes, mesturamos e preparamos as nosas propias filloas.

Por último, queda falar do obradoiro dos antifaces, do cal pudestes ver o resultado o venres, pois os rapaces os levaron onte para casa. Aquí están en plena faena.

Tamén houbo tempo para ir á carpa dos xogos, onde nos divertimos xogando co monitor a perseguirnos e outras cousiñas.

Xa era hora de volver a nosa casa, e, o meu parecer, os nenos volveron moi contentos, pero, eso si, derrotados.

Foi unha xornada moi interesante, onde aprendemos un monte de cousas, vivimos novas experiencias e traballamos en grupo, cousa sempre gratificante.
Se todavía non víchedes os cortes das conexións en directo da TVG, aquí tedes os links:
Presentación de "A Revista"
Obradoiro na casa do queixo
Obradoiro na casa do queixo 2

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué ben o pasaron!!! Non había máis que ver a cara de cansadiños que traían.
Menos mal que temos este blog para saber algo máis deles. Eva só nos falaba do avestruz e do bus e que o pasou moi ben.

Anónimo dijo...

Què experiencia tan bonita!!!.los ñiños probablemente,no cuentan mucho...;pero seguro que el cole si hablan de ello.Bicos

Anita dijo...

Antón e Xurxo chegaron contentísimos, sobre todo co dos animais. Non pararon de repetir a todo o mundo o limpos que eran os porcos. Un detalle gracioso foi cando Antón dixo que comeran nun restaurante e Xurxo corrixeuno indicando que comeran nunha mesa.