lunes, 20 de abril de 2009

A biblioteca do cole

Xa sabedes que os venres é o día que vamos á biblioteca do cole para devolver os libros que xa leímos. Tamén collemos outros novos para disfrutalos unha semana. A estas alturas do curso creo que podo afirmar que está sendo unha experiencia positiva: ós nenos encántalles esta visita semanal, escoller eles sos o libro que máis lles apetece, colocar a súa tarxeta no lugar correspondente... o certo é que se crea unha gran atmósfera de lectura, pois todos leen con interés o conto escollido e sempre me preguntan cal é o título. Sen ir máis lonxe, este último venres, entretínme uns minutos apuntando os libros que levaban no rexistro...e cando me din volta, este foi o panorama que me atopei:

2 comentarios:

Mary Carmen dijo...

Gústame moito ver ós nenos tan entusiasmados cós libros.
É marabilloso que lles guste o mundo dos libros.
Un bico

quintob dijo...

que bonitiños están....é precioso velos así