lunes, 6 de abril de 2009

A Casa das Ciencias

Máis vale tarde que nunca, e un tempiño despois da visita, aquí veño eu coa reportaxe da Casa das Ciencias en Coruña. Xa saberedes que todos os nenos o pasaron moi ben, para eles tan so a viaxe en bus xa pagou a pena, e senon, mirade as suas caras:

Foron contentísimos todo o camino a grito de "¡Túnel, túnel, túnel!", e cando pasábamos un berraban moi contentos. Pouquiño despois, chegabamos ó noso destino.

Xa na entrada estaba a incubadora de pitiños e parrulos, e como suporedes tivo un éxito enorme. Todos querían ver como saían dos seus cascaróns, claro que descobrimos que era un proceso leeeeento.

Tamén había, na pranta baixa, unha mini-exposición sobre estrelas e nebulosas. Primeiro deron unha volta correndo, contentos por darse conta de que era. Logo deron otra volta con máis tranquilidade, observando.

Logo subimos á primeira planta, onde se encontra a exposición permanente. Todos os experimentos son novos, porque a Casa das Ciencias acaba de reabrir tras unha longa etapa de reformas. Tratábase de tocar e experimentar, e eles son expertos niso.

Xa no segundo andar había unha exposición de anfibios. Alí vimos ras de todas as formas e cores, salamandras... as fotos están un pouco oscuras porque tívenas que sacar sen flash.

No terceiro andar había unha expo sobre as palabras científicas máis empregadas nos medios de comunicación. Sexa como sexa, nós nos divertimos mirando os peixes que había e coa cámara que captaba a calor corporal.

E por fin chegou o momento. Subimos á última planta, ó reformado e novísimo Planetario. Sentámonos nos sillóns (nos quedaban un pouquiño grandes) e listos para ver as constelacións, ó Sol, a Estrela Polar...

Despois disto, xa tiñamos unha fame de lobo. Así que dixemos adeús o Planetario e nos sentamos nos soportais da Casa das Ciencias a merendar, que xa tocaba!

E mentres esperábamos a que os máis rezagados rematasen a súa merenda e a que chegase o autobús, xogamos e bailamos un ratiño coas profes Verónica y Pily, que por certo, foron unhas acompañantes xeniais e divertidas!!

Como vedes na ultima foto, ata bailamos "Garbancito" e todo. Despois disto, caminiño a Pontedeume. Según a miña opinión, foi unha boa experiencia en todo o conxunto, a viaxe no bus, a visita, a merenda todos xuntos...
Xa nos contaredes que vos pareceu!!

5 comentarios:

Alex dijo...

Felicidades polas fotos, son moi boas. Da gusto ver disfrutar tanto ós nenos, seguro que fan un grupo moi alegre.
Graciñas outra vez por deixarnos participar das experiencias dos rapaces.

quintob dijo...

Felicidades polas fotos e sobretodo por deixarnos ver a través delas como disfrutan os máis pequenos do noso cole. Vós mandamos un premio "Blog maneiro"que podedes pasalo a recoller polo noso blog.
Biquños mil

Teresa dijo...

Hola a tod@s, moitas gracias por deixarnos ver o ben que o pasaron ós nosos nen@s, creo que para eles foi un día especial, só hai que fixarse nas súas cariñas de ledicia.
Será un día difícil de olvidar.
Ós meus só fan falar dos planetas e dos poliños, penso que foi a actividade deste trimestre que máis lles gustou.

sara dijo...

Hola!!! En mi blog hay un regalito para vosotros.
Espero que os guste.

Muchos besos!!!

Felices vacaciones.

Sandra dijo...

Què actividad màs completa!Se lo pasaron en grande.Poneis el listòn muy alto para el pròximo semestre.