lunes, 22 de junio de 2009

Fin de curso

Agora, cun pouco máis de calma, xa podemos falar de como foron os últimos días do curso.
O mércores pasado celebramos os cumples correspondentes os meses de xuño e xullo. Os homenaxeados foron Rosalía, Lucas e Sarai. Fixemos a nosa tarta preferida, que por votación popular foi en forma de estrela, e celebramos a festa.

O xoves celebramos o festival do cole para os demais rapaces, do que a maioría de vos xa coñecedes as actuacións.

E logo, xa so quedou disfrutar do verán e destes días tan bonitos.

Recordade que si algún de vos quere compartir as fotos que sacou no festival, e así, poder incluilas no DVD do curso que ven, non tedes máis que envialas ó correo do blog: infantilcouceirofreijomil@gmail.com
Tan so me queda dar as gracias por seguir o blog dos cabaliños e agradecer a todos os que comentasteis, foi de gran axuda para saber si este pequeno diario ía polo bo camiño.
¡Pasade un bo verán!

3 comentarios:

Mary Carmen dijo...

Gracias a ti por todo o traballo que fixeches cós nenos.Aprenderon un montón de cousas.
Na casa estamos encantados de que esteas o próximo curso.
Esperamos que pases unhas boas vacacións.
un bico.

Sandra dijo...

MUCHÌIIIISIMAS GARCIAS A TI!!!
DISFRUTA DE LAS VACACIONES

Ana dijo...

Moi bo verán a todos os cabaliños, pasadeo moi ben e verémonos o próximo curso!!!
Moitos bicos!!