jueves, 17 de septiembre de 2009

O reencontro


Xa levamos unha semana de clase, e a verdade que o reencontro foi moi ben. É certo que moitos rapaces se viron un montón de veces por Pontedeume, pero aquí é diferente. Xa empezamos a traballar un pouquiño, pero tamén exploramos a nova clase, xogamos cos novos xoguetes e estamos mirando todos os días as fotos que mandasteis do verán. Cada rapaz vai contando o que fixo, e polo que parece o pasaron moi ben! Aquí tedes as primeiras fotos do curso.

Por certo, este curso despedímonos de Brais (que te vaia moi ben!!) e recibimos a Pablo, un novo compañeiro.
Por último, recordade que toda a participación neste blog e moi benvida e agradecida! Un saúdo a todos e que teñades un bo curso.

5 comentarios:

Mary Carmen dijo...

Xa estabamos desexando que este diario do cole comezara de novo.
Penso que os nenos tiñan gana de reencontrarse.As fotos do blog o corrobora.Teñen unhas caras de felicidade que da gusto.
Eu tamén espero que pases un bo curso.
Un bico.

Sandra dijo...

Que ganas de reencontrarme con esta "ventanita"!Las caras lo dicen todo.Tengo pendiente enviar fotos del festival de fin de curso,en cuanto las tenga preparadas iràn en la mochila!

Anita dijo...

Nos tamen estabamos a desexar que se abrise de novo a ventá, aínda que a Xurxo ensinareilla mañá pois hoxe xa é tarde. Desexo a tódolos nenos e nenas un bo comenzo de curso. Xurxo xa me dixo que él tamén quería levar as fotos das súas vacacións, o que pasa que aínda están sen revelar. Un bico para todos.

Angela dijo...

holaaaaaaa,a verdad e que a os rapaces fixeronselle un pouco largas as vacacions,carlota tiña moitas gañas de empezar este novo curso e de voltar a ver os seus amigiños que tanto xogou con eles duante o veran(era curioso sentaba as suas bonecas e poñialle a todos os nomes dos seus amigiños do cole)Bo curso e un biquiño

Angela dijo...

Hola outra vez estiven curioseando nos blog da outra clase, e ana comenta que se algun neno foi a ver o cantajuegoque o comentara.Pois carlota foi co seu irma eos seus curmans o pasaron moi ven ,divertironse moito e cantaron todalas cancions foi unha boa experiencia para ela e incluso para os maiores que foron con eles.Hasta pronto