lunes, 22 de junio de 2009

Fin de curso

Agora, cun pouco máis de calma, xa podemos falar de como foron os últimos días do curso.
O mércores pasado celebramos os cumples correspondentes os meses de xuño e xullo. Os homenaxeados foron Rosalía, Lucas e Sarai. Fixemos a nosa tarta preferida, que por votación popular foi en forma de estrela, e celebramos a festa.

O xoves celebramos o festival do cole para os demais rapaces, do que a maioría de vos xa coñecedes as actuacións.

E logo, xa so quedou disfrutar do verán e destes días tan bonitos.

Recordade que si algún de vos quere compartir as fotos que sacou no festival, e así, poder incluilas no DVD do curso que ven, non tedes máis que envialas ó correo do blog: infantilcouceirofreijomil@gmail.com
Tan so me queda dar as gracias por seguir o blog dos cabaliños e agradecer a todos os que comentasteis, foi de gran axuda para saber si este pequeno diario ía polo bo camiño.
¡Pasade un bo verán!

miércoles, 17 de junio de 2009

Xa falta pouco!


Estes días están sendo unha tolemia, moitas novidades, cambios de rutinas, ensaios para o festival...tamén estamos preparando as carpetas con tooodo o que traballamos este trimestre (que foi moitísimo) e que pronto teredes nas vosas mans.
Xa todos o leríades na nota, pero non olvidedes que tanto mañá como o venres os nenos teñen que traer roupa negra para a súa actuación "estelar".
Xa falta pouco!!!

miércoles, 10 de junio de 2009

Marcelle

Onte foi un día moi especial para os cabaliños. Fixemos unha gran excursión na que disfrutamos un montón

Foi un día de moitas emocións que comezou a primeira hora da mañá. No bus o pasamos moi ben cantado os grandes éxitos do curso. Aunque o traxecto foi máis ou menos como ó da Casa do Queixo, o viaxe o levaron moito mellor, non se cansaron tanto como a outra vez.
Unha vez chegamos, divídimonos en varios grupos, cada un cun nome dun animal: emús, renos... aunque nas fotos o vexades con impermeables, a verdade é que tivemos sorte e non choviu. Tan só caeron unhas gotas xusto cando iamos ó bus de volta.
O primeiro, coñecer un pouco o terreo:

Aquí tedes un pequeno exemplo dos animais que vimos alí:

Eles pasárono en grande de aquí para alá vendo os animais e coñecendo moitos que nin siquera sabiamos que existían!

O momento da comida tamén foi especial. Todos puxéronse as botas comendo as cousas que trouxeron da casa.

Logo de seguir coñecendo animais, foi a hora de volver a Pontedeume. Nos bus iamos xunto coas tartarugas (os nenos de cinco anos) e as foquiñas, e aunque moitísimos deles caeron rendidos, os cabaliños seguían con ganas de marcha! supoño que cando chegaron a casa si que quedaron durmidos.

En resumen, pasárono moi ben, e falando hoxe con eles había bastante consenso co que máis lles gustou: os lobos (Rasca e Pica) e os linces. Qué vos contaron na casa?
Foi unha gran excursión de fin de curso.