martes, 26 de enero de 2010

Novo proxecto

Este trimestre comezamos un novo proxecto en infantil: O CORPO HUMANO. Os proxectos e convinte comezalos polo que máis lles interesa ós rapaces, e como suporedes o faremos partindo dos bebes, nacementos e de preguntas como: ¿de onde vimos?.
Comezamos a semana pasada cunha "tormenta de ideas", onde cada neno aportou as teorías e cousas que sabe, e chegamos a conclusión de que aunque todavía nos queda moito por aprender, xa é un tema que temos falado na casa, con vos, con interese.

Xa varios nenos trouxeron algún conto referente ó tema. Por exemplo, hoxe Rosalía trouxo "¿De donde vengo?", onde, entre outras moitas cousas, aprendimos que para que nazca un bebé é necesaria a intervención de células da mamá e do papá. Esto fixo que Xurxo nos plantease unha pregunta interesante: Si se necesitan un papá e mamá...¿cómo naciu o primer home?. Algúns falaron de maxia, pero quedamos en investigar o tema....

Como vedes, é un tema apaixoante, que conta co interese dos rapaces, por eso vos pedimos a vosa colaboración. A intención e facer unha exposición permanente de libros, DVD, CDs o calquera cousa que se vos ocurra que nos poda axudar a comprender como nacemos e calquer tema relacionado.

2 comentarios:

Sandra dijo...

làstima que Eva se pierda todas esas averiguaciones...
O libro dos Bolechas è moi explìcito!!!

angela dijo...

Carlota o outro dia deixounos abraiados xa que dixo a leción de memoria como si a estivera lendo,ata inventou unha canción.E importante que se lles explique por que o que se lle di na casa as veces non chega