martes, 26 de enero de 2010

Novo proxecto

Este trimestre comezamos un novo proxecto en infantil: O CORPO HUMANO. Os proxectos e convinte comezalos polo que máis lles interesa ós rapaces, e como suporedes o faremos partindo dos bebes, nacementos e de preguntas como: ¿de onde vimos?.
Comezamos a semana pasada cunha "tormenta de ideas", onde cada neno aportou as teorías e cousas que sabe, e chegamos a conclusión de que aunque todavía nos queda moito por aprender, xa é un tema que temos falado na casa, con vos, con interese.

Xa varios nenos trouxeron algún conto referente ó tema. Por exemplo, hoxe Rosalía trouxo "¿De donde vengo?", onde, entre outras moitas cousas, aprendimos que para que nazca un bebé é necesaria a intervención de células da mamá e do papá. Esto fixo que Xurxo nos plantease unha pregunta interesante: Si se necesitan un papá e mamá...¿cómo naciu o primer home?. Algúns falaron de maxia, pero quedamos en investigar o tema....

Como vedes, é un tema apaixoante, que conta co interese dos rapaces, por eso vos pedimos a vosa colaboración. A intención e facer unha exposición permanente de libros, DVD, CDs o calquera cousa que se vos ocurra que nos poda axudar a comprender como nacemos e calquer tema relacionado.

domingo, 24 de enero de 2010

O inverno

Xa sabemos que o inverno chegou fai un tempiño, pero nos faltaba darlle un poco de vida á clase e o corredor, e este foi o resutado. Primeiro adornamos unhas bufandas (coloreando e pegando churros de papel seda) para colgar no corredor.



Tamén fixemos un gran mural invernal onde cada un dibuxou o que lle recordaba esta estación: bonecos de neve, roupa quentiña....

lunes, 18 de enero de 2010

Estrenamos sitios

Co cambio de ano e de trimestre, cambiamos tamén de sitio nas mesas. Así que agora temos novos compañeiros de traballo! Aquí vedes como quedou:

(No sitio libre que hai entre Brais e Eva, se senta Marta, que hoxe non veu)

miércoles, 13 de enero de 2010

Benvido 2010!

Recibimos o novo ano como mellor sabemos, xogando (e tamén traballando). Tocou facer unha ficha de benvida ó 2010, na que xa non necesitamos axuda para nin recortar, nin pegar, nin nada de nada. Xa somos moi maiores, claro.



Por outra parte contarvos que estamos facendo modificacións na biblioteca do cole, e ata que esté todo listo non poderemos coller libros os venres.

lunes, 4 de enero de 2010

Carteira Real e Paxes na clase dos cabaliños

Por xentileza da profe Ana, temos constancia gráfica da visita da Carteira Real e os Paxes das Súas Maxestades os Reis Magos. Os nenos lles entregaron as cartas que fixeran na clase e...agora a esperar se se cumplen os nosos desexos.

¡FELIZ 2010!