Fai uns días fixemos unha pequena excursión a Coruña para visitar a Casa dos Peixes. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos un monte de cosas, e que nos servirá como punto de partida para traballar un pouco o tema do mar, xa que estamos coas puntadas finais dos vikingos.
Primeiro fomos á sala Maremagnum, onde vimos un montón de especies de peixes, a maioría autóctonas. Tiveron moito éxito ós polbos (dos que xa buscaramos información antes de ir) e o banco de sardiñas (ó unico en cautividade, según nos dixeron).

O seguinte foi á visita ó Nautilus, o submarino do Capitán Nemo. Alí as estrelas son os dous tiburóns: Gastón e Hermosa (que non se deixou ver demasiado ben).

Chegou a hora de merendar, nun sitio de luxo, moi cerquiña da Torre de Hércules, para xusto despois, ir ver as foquiñas. Chegamos para velas comer.

E esta foi a nosa mañá, moi productiva, eh?