Primeiro fomos á sala Maremagnum, onde vimos un montón de especies de peixes, a maioría autóctonas. Tiveron moito éxito ós polbos (dos que xa buscaramos información antes de ir) e o banco de sardiñas (ó unico en cautividade, según nos dixeron).
O seguinte foi á visita ó Nautilus, o submarino do Capitán Nemo. Alí as estrelas son os dous tiburóns: Gastón e Hermosa (que non se deixou ver demasiado ben).
Chegou a hora de merendar, nun sitio de luxo, moi cerquiña da Torre de Hércules, para xusto despois, ir ver as foquiñas. Chegamos para velas comer.
E esta foi a nosa mañá, moi productiva, eh?
1 comentario:
Entusiasmado llegó Carlos de la excursión.El tiburón le encantó y las focas ni digamos.También me habló mucho del capitán Nemo.
Fue una salida muy instructiva.
Un saludo.
Publicar un comentario