viernes, 6 de mayo de 2011

Aniversarios abril



Aínda que con un pouco de retraso, celebramos hoxe os aniversarios do mes de abril. Ari Bouza e Clara xa teñen nada menos que seis anos, e compartiron con nós uns momentos moi doces. Sopramos as velas, cantamos e puxémonos ata arriba de tarta de chocolate.
Parabéns ás duas.

martes, 3 de mayo de 2011

Os Maios


O venres o tempo acompañou, e tras moito traballiño, rematamos o noso maio, o de infantil.



Cara o final da xornada saimos ó patio con todos os rapaces do cole e cantamos a nosa canción, que quedou moi bonita, acompañada pola pandeireta da profe Ilenia.
Espero que vos guste o noso Maio!!


viernes, 15 de abril de 2011

Novo blog de Infantil

Estes días púxose en marcha un novo blog dos rapaces de tres anos do Couceiro Freijomil: os Golfiños e os Peixiños. Anímovos a que o visitedes clicando aquí

-----------

Disfrutade destes días!!

jueves, 7 de abril de 2011

Visita á Casa dos Peixes

Fai uns días fixemos unha pequena excursión a Coruña para visitar a Casa dos Peixes. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos un monte de cosas, e que nos servirá como punto de partida para traballar un pouco o tema do mar, xa que estamos coas puntadas finais dos vikingos.
Primeiro fomos á sala Maremagnum, onde vimos un montón de especies de peixes, a maioría autóctonas. Tiveron moito éxito ós polbos (dos que xa buscaramos información antes de ir) e o banco de sardiñas (ó unico en cautividade, según nos dixeron).



O seguinte foi á visita ó Nautilus, o submarino do Capitán Nemo. Alí as estrelas son os dous tiburóns: Gastón e Hermosa (que non se deixou ver demasiado ben).



Chegou a hora de merendar, nun sitio de luxo, moi cerquiña da Torre de Hércules, para xusto despois, ir ver as foquiñas. Chegamos para velas comer.



E esta foi a nosa mañá, moi productiva, eh?

viernes, 1 de abril de 2011

Dia da Poesía

Antes de comentar a visita ó Acuario, ensinámosvos o ben que recitamos os nenos de infantil a poesía que inventamos sobre os días da semana. Somos todos uns artistas!

jueves, 31 de marzo de 2011

Aniversarios de Marzo



Este venres celebramos o aniversario de Brais, que celebrou xunto a nos o seu sexto ano. Estaba riquísima a tarta!!

viernes, 25 de marzo de 2011

Odín

Estos días estamos traballando os deuses vikingos. Para os nenos é estrano que existan moitos deuses e intentan facer comparacións co que estamos "familiarizados".

Empezamos co mais importante: Odín. Era o deus que creou o mundo e os seres humáns. Era moi sabio e o representaban como un ancián barbudo que perdera un ollo nunha aventura. A historia que máis lle chamou a atención, foi que tiña dous corvos, Hugin e Munin, que marchaban cada mañá, cada un polo seu lado, a dar a volta ó mundo, e pola tarde, pousábanse no hombro do deus a contarlle as novedades. Pero tamén tiña dous lobos (Geri e Freki) e o cabalo superveloz de oito patas, Sleipnir.

Fixemos un debuxo de Odín, de como o imaxinaban eles, en compaña de algún do seus animais.