miércoles, 13 de mayo de 2009

Un paseo polo parque


Aproveitando que o día amenceu asoallado, decidimos ir a pasar un ratiño e merendar no cercano Parque de Lombardero. Tamén aproveitamos para ver e coñecer as diferentes tipos de árbores das moitas que alí hai.
Aquí estamos merendando, nada máis chegar:

Unha vez recollidas as mochilas e tirado os papeis a papeleira, comezou o máis divertido...¡xogamos un montón!

Logo o día púxose moi oscuro, recollimos as cousas e dimos unha voltiña mirando as árbores do parque. Descobrimos que había moreiras (que son as que teñen as follas que comen os vermes de seda que temos no cole), palmeiras, "árbores do amor" (coas follas en forma de corazón) e a árbore da bruxa. Despois disto xa marchamos para o cole...¡o pasamos xenial!

3 comentarios:

Sandra dijo...

Què bien se lo pasaron...,el jardìn es muy bonito,con escasos juegos infantiles e inadecuado mantenimiento...;pero ellos disfrutan igualmente...Eva no concibe una tarde de sol sin jardìn.
Eva: "quiero xogar con todos mis amigos en el patio y xogar sin pegar"...para una vez que cuenta algo....jajajaja

Ana dijo...

As caras destes cabaliños nas fotos o din todo... O pasamos moi ben!!

Mary Carmen dijo...

¡Que ben o pasan estes nenos!
Ten razón Sandra cando dice que os pequenos non conciben unha tarde soleada sen ir ó xardín.
Aínda que o xardín non ten o mesmo encanto nin está tan coidado coma cando nos eramos cativos.
Un bico