miércoles, 10 de junio de 2009

Marcelle

Onte foi un día moi especial para os cabaliños. Fixemos unha gran excursión na que disfrutamos un montón

Foi un día de moitas emocións que comezou a primeira hora da mañá. No bus o pasamos moi ben cantado os grandes éxitos do curso. Aunque o traxecto foi máis ou menos como ó da Casa do Queixo, o viaxe o levaron moito mellor, non se cansaron tanto como a outra vez.
Unha vez chegamos, divídimonos en varios grupos, cada un cun nome dun animal: emús, renos... aunque nas fotos o vexades con impermeables, a verdade é que tivemos sorte e non choviu. Tan só caeron unhas gotas xusto cando iamos ó bus de volta.
O primeiro, coñecer un pouco o terreo:

Aquí tedes un pequeno exemplo dos animais que vimos alí:

Eles pasárono en grande de aquí para alá vendo os animais e coñecendo moitos que nin siquera sabiamos que existían!

O momento da comida tamén foi especial. Todos puxéronse as botas comendo as cousas que trouxeron da casa.

Logo de seguir coñecendo animais, foi a hora de volver a Pontedeume. Nos bus iamos xunto coas tartarugas (os nenos de cinco anos) e as foquiñas, e aunque moitísimos deles caeron rendidos, os cabaliños seguían con ganas de marcha! supoño que cando chegaron a casa si que quedaron durmidos.

En resumen, pasárono moi ben, e falando hoxe con eles había bastante consenso co que máis lles gustou: os lobos (Rasca e Pica) e os linces. Qué vos contaron na casa?
Foi unha gran excursión de fin de curso.

3 comentarios:

Mary Carmen dijo...

Carlos nos dixo que o que máis lle gustou foi ver os lobos.Contou que habia cebras,serpes,canguros.Tamén nos contou un conto sobre unha estatua que habia alí.Tan emocionado nos dixo o conto que eu soamente entendín o final.
Penso que foi un gran acerto ir a Marcelle,e non me cabe duda que para os pequenos foi unha gran experiencia.
Un saúdo.

Alex dijo...

Eva nos dijo que había una puerta mágica a la que se le decía algo así como "ábrete Marcelle".
Vió lobos "buenos" y preguntó qué es lo que comían las serpientes.
También dijo que viera a Bambi, monos, cebras y una pantera negra(que me parece que en Marcelle no la hay, pero eso dijo).
En resumen: se lo pasó muy bien.
Una vez más: ¡¡Cómo nos gusta este blog!!!

quintob dijo...

Bonita reportaxe do día de Marcelle.
Foi un precioso día para todos.
Bicos