lunes, 8 de febrero de 2010

Comeza o entroido!!

Despois duns días de parón do blog, poñémonos outra vez en marcha. Estes días que eu non estiven, os rapaces traballaron un montón, e dende aquí queremos agradecer á profe Alba a súa dedicación. Con ela fixemos actividades tan chulas como este mural, onde as cousas nos quedaron moi clariñas:



Esta semana arranca o entroido, e ata o xoves seguiremos os mandadiños do esqueleto Manolo, igual que o curso pasado. O de hoxe luns, foi: "Se de Entroido queres fardar,un lunar na cara tes que pintar". E aquí nos tedes presumindo de lunar:



Xa temos a Manolo preparado co seguinte mandadiño!!:

1 comentario:

Sandra dijo...

Que ilusiòn,se ve en sus caras...estàn emocionados con Manolo!