Máis vale tarde que nunca, e un tempiño despois da visita, aquí veño eu coa reportaxe da Casa das Ciencias en Coruña. Xa saberedes que todos os nenos o pasaron moi ben, para eles tan so a viaxe en bus xa pagou a pena, e senon, mirade as suas caras:

Foron contentísimos todo o camino a grito de "¡Túnel, túnel, túnel!", e cando pasábamos un berraban moi contentos. Pouquiño despois, chegabamos ó noso destino.

Xa na entrada estaba a incubadora de pitiños e parrulos, e como suporedes tivo un éxito enorme. Todos querían ver como saían dos seus cascaróns, claro que descobrimos que era un proceso leeeeento.

Tamén había, na pranta baixa, unha mini-exposición sobre estrelas e nebulosas. Primeiro deron unha volta correndo, contentos por darse conta de que era. Logo deron otra volta con máis tranquilidade, observando.

Logo subimos á primeira planta, onde se encontra a exposición permanente. Todos os experimentos son novos, porque a Casa das Ciencias acaba de reabrir tras unha longa etapa de reformas. Tratábase de tocar e experimentar, e eles son expertos niso.

Xa no segundo andar había unha exposición de anfibios. Alí vimos ras de todas as formas e cores, salamandras... as fotos están un pouco oscuras porque tívenas que sacar sen flash.

No terceiro andar había unha expo sobre as palabras científicas máis empregadas nos medios de comunicación. Sexa como sexa, nós nos divertimos mirando os peixes que había e coa cámara que captaba a calor corporal.

E por fin chegou o momento. Subimos á última planta, ó reformado e novísimo Planetario. Sentámonos nos sillóns (nos quedaban un pouquiño grandes) e listos para ver as constelacións, ó Sol, a Estrela Polar...

Despois disto, xa tiñamos unha fame de lobo. Así que dixemos adeús o Planetario e nos sentamos nos soportais da Casa das Ciencias a merendar, que xa tocaba!

E mentres esperábamos a que os máis rezagados rematasen a súa merenda e a que chegase o autobús, xogamos e bailamos un ratiño coas profes Verónica y Pily, que por certo, foron unhas acompañantes xeniais e divertidas!!

Como vedes na ultima foto, ata bailamos "Garbancito" e todo. Despois disto, caminiño a Pontedeume. Según a miña opinión, foi unha boa experiencia en todo o conxunto, a viaxe no bus, a visita, a merenda todos xuntos...
Xa nos contaredes que vos pareceu!!