viernes, 19 de diciembre de 2008

Unha semana moi completa

Esta semana que marcha, a última lectiva deste 2008, podemos dicir que foi a máis intensa do curso. A verdade é que fixemos moitísimas cousas, tantas, que por fin podo sentarme a contarvos todo con calma.
Todo comezou o martes, coa visita a Residencia de Anciáns que temos en Pontedeume. Foi moi emocionante porque fixemos a viaxe en bus!! Dividímonos en dous grupos, primeiro sairon os nenos de catro e cinco anos. Vinte minutos despois, todos os de tres. En canto o bus arrincou, os nenos comezaron a gritar contentísimos "¡Vamos en bus!" " Estamos en Pontedeume!!!". Aquí podedes ver a súas caras:



Unha vez na residencia, comezamos a recorrela enteira en fila e a verdade é que non temos ningunha queixa do comportamento de todos. Vimos os beléns, cantamos para os residentes e logo invitáronnos a merendar. Antes de coller o bus, corrimos un pouco polo patio dianteiro do centro.

O mércores foi, como todos saberedes, o festival de nadal. A verdade é que pouco podo engadir o que víchedes, quizás as imaxes "roubadas" entre bambalinas, esperando para saír a actuar

Tiña un vídeo (na clase, previo a actuación) grabado que levo un anaco intentando subilo, pero hoxe non quere. A ver si para a próxima...

Onte, xoves, tivemos a visita dos paxes reais á nosa clase! Estiveron un ratiño con nos, dimoslle a carta coas nosas peticións, e eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña con caramelos e un globo. ¡Se ata sabían os nosos nomes!.



E esta é a foto de grupo que sacamos. Nela estamos todos, tamén Ana - profe de relixión - e Verónica, que, como moitos saberedes, é a partir de agora a profe de Informática e Alternativa.


E xa chegamos ó día de hoxe. O día comezou preparando os cumples de decembro - tal como vos dixen nos comentarios da última entrada -, fixemos unha tarta diferente, un pouco navideña, con sobaos e lacasitos:

Intenta ser unha árbore de nadal :) Como sempre fixémola entre todos e cantamos o cumpreanos feliz ás tres homenaxeadas: Carlota, Eva e Julia (parabéns!!)


Xa fixemos a tarta deliberadamente mais pequena, porque ó rematar fumos o ximnasio para celebrar a festa do nadal xunto a toooodos os rapaces de infantil, e nela comimos algunhas cousiñas. E logo bailamos un montón!!

Volvimos todos para clase para recoller as cosas e repartir as carpetas con todos os traballos do trimestre, que estaban desexando ensinarvos.
En fin, despois de esta entrada taaaaaaan longa, despídome de vos ata o ano que ven. Que pasedes unhas boas festas e entredes no 2009 co bo pe!!!

lunes, 15 de diciembre de 2008

As estrelas

Se vos pasastes últimamente polo cole, seguro que víchedes a nova obra de arte que nos acompaña. Trátase do Belén feito por todos os rapaces do cole e que quedou moi, moi bonito. A nosa clase encargouse das estrelas. Primeiro fixemos unhas pequeniñas, iguais que as da clase das Focas. Cada un estampamos a nosa estrela que agora adorna o ceo do Belén.


Pero tamén tivemos a sorte de poder facer a estrela máis importante do Belén, e a verdade é que nos quedou moi ben. Igual na foto non se aprecia que está feita con dous tipos de plasti diferente, pero xa sabedes... non tedes máis que pasarvos polo corredor do cole e a veredes en vivo e directo!


Aquí póñovos unhas pouquiñas fotos que mostran parte do gran traballo feito por todos os nenos do cole:

viernes, 12 de diciembre de 2008

Onte tivemos visita

Onte viñeron ó cole un simpático grupo de tres músicos que nos ensinaron o divertida que pode ser a música. Descubrimos que os arcos dos violíns e violonchelos están feitos con pelos de cola de cabalo, que pódese simular o son de moitos animais (o burro, o elefante...) e que deles sale música moi divertida. Para que vexades o atentos que estabamos:

Ó final tocaron unha panxoliña, e un grupo de nenos voluntarios quixo subir o escenario a bailar un pouco, aquí tedes a proba:

martes, 9 de diciembre de 2008

A merenda

En xeral tódolos nenos da clase esperan con ganas a hora da merenda, que por norma xeral, solemos facer arredor das once da mañá, xusto antes de saír o recreo. Precisamente por ser un momento tan desexado é ideal para poñer en práctica certos hábitos, normas e costumes que eles levan á practica encantados da vida. Sempre comemos sobre os manteis que fixemos a principio de curso, lavamos as mans, tiramos os precintos e papeis á papeleira (diferenciando os de papel e plástico, pois facemos reciclaxe), collemos cada un o noso botellín de auga intentando diferenciar o que ten o noso nome, e sabemos que non podemos marchar ó recreo hasta que deixamos o noso sitio ben recollido e limpo.

Ás veces temos pequenos accidentes e cae unha galleta ou o iogur, pero non pasa nada, porque collemos a fregona ou trapo e nós mesmos o limpamos. Pero xa estamos aprendendo que se sentamos ben, dereitos e co cu na silla, é máis difícil que caian as cousas.

domingo, 7 de diciembre de 2008

Lucas choraba...


... pero ahí estaba Clara para abrazalo.

Lucas choraba porque acababa de chocar cun compañeiro. Eu estiven consolandolo, falando con él, e xusto nese momento, Clara levantouse do seu sitio, acariñoulle o brazo e de súpeto o abrazou. E pasouselle nun plis plas.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Cando chove....

Estes días o tempo está un poco revolto e eso significa que non podemos saír o patio tanto como quereríamos. Pero a solución que temos para descargar a nosa enerxía é ir a sala que empregamos como ximnasio (co profe Roberto) e alí facemos moitas cousas.
Xogamos a montar as pezas de todas as formas que se nos ocurran:

Tamén xogamos coas pezas de gomaespuma, que nos permite inventarnos todo tipo de xogos

Pero xogar neste espacio axúdanos a aprender a compartir os xogos, cousa que pouquiño a pouco, e con esforzo, vamos conseguindo

Eso si, o final da sesión, sempre acabamos super caaaaansos: