lunes, 31 de enero de 2011

Aniversarios xaneiro



Este ano que acaba de comezar, trae consigo o aniversario de Lucía. O celebramos o venres, e trouxo ¡dúas! tartas, papamos, bailamos e o pasamos moi ben.



Facémonos maiores! os nosos nenos xa empezan a cumprir nada menos que seis anos!

viernes, 28 de enero de 2011

Contacontos de Kalandraka

Este luns tivemos a visita dos contacontos de Kalandraka. Patricia e Alex (que tocaba o acordeón) estiveron unha hora contándonos moitas historias e ensinándonos cancións. Foi moi divertido escoitar as historias de "Un becho estraño" ou "os catro amigos", entre outras, acompañado de cancións de diferentes efectos sonoros.



Un vídeo de mostra, para que vexades canto cantaron:

lunes, 17 de enero de 2011

Coñecendo os Drakkars

Empezamos o proxecto dos vikingos empregando como motivación o libro que trouxo Carlos, que é moi, moi completo e conta dun xeito que os nenos entenden, infinidade de cousiñas dos vikingos. Decidimos utilizalo como guía de todo o que imos aprender. Tamén houbo máis aportacións (DVD, fotos e textos de internet...), e outras serán benvidas.



Que son os Drakkars? seguro que se lle preguntades ós vosos rapaces volo contarán, e posiblemente con detalles. Despois de ler o libro, e ollar unhas fotos de internet, isto é o que sacamos en claro:



É moito, verdade? pois despois dispuxémonos a facer o noso propio e pequeno Drakkar, engadindo e compoñendo as figuras previamente picadas. Levounos a maior parte da mañá porque lle puxeron moita vontade, pero o resultado foi moi bonito.

jueves, 13 de enero de 2011

Mais vale tarde que nunca

Arranxados os problemas técnicos, por fin podemos ver as fotos do festival de nadal. Aquí os tedes preparados para sair a actuar:




Ó final da mañá celebramos unha pequena festa, pero antes tivemos unha visita sorpresa! os paxes reais:



E como dicía, ó final papamos un montón: