viernes, 15 de abril de 2011

Novo blog de Infantil

Estes días púxose en marcha un novo blog dos rapaces de tres anos do Couceiro Freijomil: os Golfiños e os Peixiños. Anímovos a que o visitedes clicando aquí

-----------

Disfrutade destes días!!

jueves, 7 de abril de 2011

Visita á Casa dos Peixes

Fai uns días fixemos unha pequena excursión a Coruña para visitar a Casa dos Peixes. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos un monte de cosas, e que nos servirá como punto de partida para traballar un pouco o tema do mar, xa que estamos coas puntadas finais dos vikingos.
Primeiro fomos á sala Maremagnum, onde vimos un montón de especies de peixes, a maioría autóctonas. Tiveron moito éxito ós polbos (dos que xa buscaramos información antes de ir) e o banco de sardiñas (ó unico en cautividade, según nos dixeron).



O seguinte foi á visita ó Nautilus, o submarino do Capitán Nemo. Alí as estrelas son os dous tiburóns: Gastón e Hermosa (que non se deixou ver demasiado ben).



Chegou a hora de merendar, nun sitio de luxo, moi cerquiña da Torre de Hércules, para xusto despois, ir ver as foquiñas. Chegamos para velas comer.



E esta foi a nosa mañá, moi productiva, eh?

viernes, 1 de abril de 2011

Dia da Poesía

Antes de comentar a visita ó Acuario, ensinámosvos o ben que recitamos os nenos de infantil a poesía que inventamos sobre os días da semana. Somos todos uns artistas!