Non falta nada para a celebración do Samaín, e xa levamos varios días inmersos na decoración do corredor, e facendo todo tipo de actividades.
Polo pronto ensinamosvos como fixemos as pantasmas que colgan do terrorífico corredor, que fixemos coas nosas mans (e nunca mellor dito), pero tamén estamos preparando máis cousiñas que xa vos iremos amosando.
miércoles, 27 de octubre de 2010
lunes, 25 de octubre de 2010
Excursión a Samboio: o millo
O mércores pasado fixemos unha excursión da que todos quedamos moi contentos, e é que aprendemos moitísimas cousas novas. Ímosvos contar como foi:
O bus deixounos nunha parada e camiñamos un pouquichiño ata a casa da familia de Sabela, que tan amablemente nos convidaron. E nada mais chegar ensináronnos como é o millo e de que xeito se apaña. Despois, cada un de nós puidemos coller unha mazaroca.
Cando tivemos lista a caixa coas mazarocas, cargámola ata a casa, e alí, mentres merendabamos, explicaronnos o que se fai co millo unha vez apañado, como se esfolla, como se debulla, como se pasa polo muíño eléctrico, como se aproveitaban as follas e os carozos fai moitos anos e mesmo puidemos tocar a fariña.
Feito todo isto, chegou a actividade estrela: comer flocos...de millo, por suposto!!
E xa, antes de marchar, vimos o forno da casa, o coello (que estaba debaixo do cabazo) e mais un pitiño.
E xa moi contentos puxemos rumbo ó bus, dando un pequeno paseo. Tamén teño que dicir que o lugar era moi bonito.
Non quero rematar esta entrada do blog, sen agradecer á familia de Sabela a súa hospitalidade e a súa paciencia, que non é fácil recibir case cen nenos de golpe. Moitas grazas!!

viernes, 15 de octubre de 2010
O outono chegou a clase
Xa estamos de pleno inmersos no outono. Aparte dos adornos, os nenos están traendo mostras dos froitos típicos desta época: pequenas cabazas, ourizos de castañas, figos, améndoas e un longo etcétera. A idea era facer unha pequena exposición no corredor coa participación de todos os nenos de infantil, pero son tantos os froitos que temos, que tamén fixemos unha exposición propia na aula. A este paso creo que hasta poderemos facer unha degustación.
Os nenos levando os froitos á exposición do corredor:
A exposición na aula:

miércoles, 13 de octubre de 2010
Aniversarios de agosto e setembro
viernes, 8 de octubre de 2010
Facendo un superpuzzle
miércoles, 6 de octubre de 2010
Os cabaliños cabalgan de novo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)