lunes, 27 de junio de 2011

Isto rematou!!



Parecía que nunca chegaría este momento...pero chegou. O pasado mércores foi un día moi emocionante que comezou directamente coa gradución dos nosos cabaliños. Seguro que vós tedes fotos do momento, pero de igual forma póñovos algunhas da miña cámara.



Dende xa quérovos agradecer a cada unha das familias os agasallos, encantáronme!! uns detalles preciosos que gardarei con moito agarimo.

Os papis que sacastes fotos cos nenos no patio, queríavos pedir se podedes mandarmas ó correo do blog ( infantilcouceirofreijomil@gmail.com ), faríame ilusión telas.

Quero agradecerlle a Sandra, Alex e Mary Carmen por comentadores incansables do blog. Estivestes os tres anos ó pe do canón, graciñas!!

Por último un biquiño enorme a todos os cabaliños, que espero que non se esquezan axiña da súa, xa, ex-profe, e veñan visitarme o curso que ven.

Ata sempre e moítisima sorte en todo o que vos queda por vivir!!

lunes, 20 de junio de 2011

Foi un venres moi movido...



... e moi divertido. Primeiro, antes do recreo celebramos os derradeiros cumples dos cabaliños: os de xuño e xullo. Parabéns rapaces!! Os seguintes en cumplir xa o farán como estudantes de primaria!!



E ligado con esto último, fomos de visita ó piso de arriba, pois os nenos de 1ºB de primaria estaban esperándonos para contarnos que cousas encontraremos o curso que ven.



Solventaron as nosas dúbidas e nos relataron o mellor de primaria cunha poesía:


Bo día a todas e todos
e benvidos a 1º.
1º e guai,
1º e xenial.
Ten cousas divertidas:
temos na biblioteca,
contos e poesías.
Temos moitos xogos,
e xa temos libretas e libros!
Aprendemos moito:
a ler sen silabear,
a sumar con levadase a restar!
E a escribir contos e comics,
historias e poesías.
Sempre saímos e entramos
con coidado e despacio.
Sempre podemos falar
e antes a man levantar.
Pola mañá ao chegar,
na alfombra debes sentar:
para falar e escoitar.
Logo no arquivador
o libro collerás
e a estudar comezarás.
Temos clase de música,
de informática e de plástica!
Tamén temos dous recreos:
un lonxe e outro preto
.O de arriba mola máis
ten canastas, porterías
pelotas e pistas.
No de abaixo temos cordas,
temos buxainas e gomas.
O recreo é xenial!
Aprenderás moito máis
en 1º, xa verás.

Como nos sobrou un cachiño de tempo, recorrimos o que serán as clases do curso que ven: o aula de inglés e o de francés, a de música e saúdamos un montón de profes e rapaces polo camiño.



Moitas grazas rapaces e rapazas de 1ºB!!

domingo, 19 de junio de 2011

DVDs para fotos

Por problemas técnicos non podo actualizar o blog como quixera.

Recordade traer un DVD para as fotos do curso (CD non vale, pq non ten espacio suficiente para todas as fotos). Por favor, que sexa axiña, porque tan so quedan o luns e o martes para grabalos. Graciñas.

jueves, 9 de junio de 2011

Unha mensaxe misteriosa

O día que fomos ó parque, entre ás foquiñas e nós atopamos unha mensaxe misteriosa no peirao. Unha botella coa inscripción "PIRATA" e unha calaveira.



Levámola ó ximnasio para leer a mensaxe con calma e ver de que se trataba



Era unha carta dun pirata que nos pedía axuda!! Clicade na imaxe para lela ben:



Uns días despois atopamos unha pista no corredor do cole, que nos levou a ver este video:



Agora non facemos mais que buscar pistas por todas partes que podan indicarnos como axudar ó noso amigo o Capitán Cara de Pan!! Seguiremos informando.

miércoles, 8 de junio de 2011

Xogando no parque

A semana pasada aproveitamos que facía bo tempo e fomos merendar e xogar á hora do recreo ó parque. O pasamos moi ben todos xuntos!. Subimos ós columpios, buscamos sementes e un montón de cousas máis. Mirade que ben o pasamos:



lunes, 6 de junio de 2011

As redes de Carlota



Seguindo co proxecto do mar, Carlota trouxo ó cole unha rede de pescar. Moitos eran a primeira vez que a tocaban ou vían tan de cerca. Entre todos contamos o que sabíamos deste aparello, para que sirve, como se emprega, que cousas se poden pescar....

viernes, 3 de junio de 2011

Aniversaios de maio



Este martes celebramos uns aniversarios multitudinarios, os do mes de maio: Xurxo, Iván, Santi e Pablo xa teñen seis anos!! Parabéns!!