jueves, 31 de marzo de 2011

Aniversarios de Marzo



Este venres celebramos o aniversario de Brais, que celebrou xunto a nos o seu sexto ano. Estaba riquísima a tarta!!

viernes, 25 de marzo de 2011

Odín

Estos días estamos traballando os deuses vikingos. Para os nenos é estrano que existan moitos deuses e intentan facer comparacións co que estamos "familiarizados".

Empezamos co mais importante: Odín. Era o deus que creou o mundo e os seres humáns. Era moi sabio e o representaban como un ancián barbudo que perdera un ollo nunha aventura. A historia que máis lle chamou a atención, foi que tiña dous corvos, Hugin e Munin, que marchaban cada mañá, cada un polo seu lado, a dar a volta ó mundo, e pola tarde, pousábanse no hombro do deus a contarlle as novedades. Pero tamén tiña dous lobos (Geri e Freki) e o cabalo superveloz de oito patas, Sleipnir.

Fixemos un debuxo de Odín, de como o imaxinaban eles, en compaña de algún do seus animais.


martes, 22 de marzo de 2011

Titiricircus

Este venres pasado, tivemos unha visita moi especial no cole. Acudiu o grupo de teatro e títeres "Tanxarina" a presentarnos Títiricircus. A historia de dos actores que nos contaban coas súas marionetas a grandeza pasada do seu circo. Foi tan divertida e nos rimos tanto, que estivemos unha hora mirando para eles sen protestar. Vimos a actuación do forzudo Bigotini, o faquir Palindranat e a súa serpe Josefina, o malabarista Tato e o monociclista Venancio. Pasámolo moi ben!

miércoles, 16 de marzo de 2011

O día da Muller

O día da Muller xa foi hai uns días (o 8 de marzo), pero por mor do entroido non puidemos dedicarlle nada de tempo. Agora estivemos falando do tema e participamos nun mural conxunto de toda educación infantil, debuxando e escribindo o nome dunha muller que admiramos e queremos. Os nenos debuxaron as súas mamás, pero tamén as irmás, amigas e curmás.

domingo, 13 de marzo de 2011

Xa morreu....

.... o Entroido. O xoves queimamos ó Meco e demos por rematadas as festas. Ese día cada neno puido vir disfrazado do que quixera. Divertímonos moito e o día acompañou.



Xogamos un bo rato no patio, e era moi gracioso ver princesas xogando con pingüinos, sevillanas ou piratas.



O último que fixemos antes de marchar a casa, foi sair ó patio de primaria e chorarlle ó Meco polo seu enterro e posterior queima.




Foi moi divertido!

domingo, 6 de marzo de 2011

Entroido!!

Foi un final de semana apoteósico, fixemos un montón de cousas e o pasamos xenial. O xoves viñemos todos (profes incluidas) con todos os mandadiños do esqueleto Manolo: peluche, gorro, zapatillas e pixama. Aquí podedes ver o guapos que estabamos



Á hora da merenda tivemos unha degustación de productos típicos do Entroido: probamos unha chea de freixóns, rosquillas, chulas...



E chegou o venres! tras colocar as orellas ós pequenos dálmatas, tocou de novo sesión de fotos:



O resto do día foise en desfilar e ver desfilar ós compañeiros no corredor principal do cole, e en sair por Pontedeume e cantar na plaza as nosas cancións. Por certo, os demais nenos do cole tamén ían estupendos, de Grease, Alicia no país das Marabillas, High School Musical y Cantando Baixo a Choiva.



Tras todo esto, voltamos ó cole para seguir comendo todo o que nos sobrara o día anterior.
Pasade un bo entroido!!