Foi un final de semana apoteósico, fixemos un montón de cousas e o pasamos xenial. O xoves viñemos todos (profes incluidas) con todos os mandadiños do esqueleto Manolo: peluche, gorro, zapatillas e pixama. Aquí podedes ver o guapos que estabamos
Á hora da merenda tivemos unha degustación de productos típicos do Entroido: probamos unha chea de freixóns, rosquillas, chulas...
E chegou o venres! tras colocar as orellas ós pequenos dálmatas, tocou de novo sesión de fotos:
O resto do día foise en desfilar e ver desfilar ós compañeiros no corredor principal do cole, e en sair por Pontedeume e cantar na plaza as nosas cancións. Por certo, os demais nenos do cole tamén ían estupendos, de Grease, Alicia no país das Marabillas, High School Musical y Cantando Baixo a Choiva.
Tras todo esto, voltamos ó cole para seguir comendo todo o que nos sobrara o día anterior.
Pasade un bo entroido!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
fueron unos disfraces muy bonitos, daba gusto ver a los 98 dálmatas (Lástima que faltaran sólo tres). Las actuaciones fueron estupendas todas y se nota que trabajaron mucho en ellas. Felicidades a todos y que paséis un buen carnaval!!!
Publicar un comentario