lunes, 28 de febrero de 2011

Aniversarios febreiro



Este venres pasado celebramos os cumples de Ari P. e Yago, que xa teñen nada menos que 6 anos!! Parabéns ós dous.

viernes, 25 de febrero de 2011

Primeiro mandadiño do esquelete Manolo



Manolo xa chegou para contarnos cales son os mandadiños de este entroido que xa está aquí. Hoxe fomos a mirar a primeira mensaxe. A pena foi que moitos xa lles contastes ós rapaces as cousas que ían ter que traer (e o foron contando ós demais) e a actividade perdiu o seu sentido e a gracia...
En fin, xa sabedes, o luns un pequeno peluche colgado. Espero que participedes todos, pais incluidos!

jueves, 17 de febrero de 2011

Sigurd


Xa facía moito tempo que non traballábamos con témperas, así que como tan so nos quedaba un vikingo por decorar - SIGURD -, aproveitamos para reencontrarnos con este material.
A verdade é que en xeral fomos bastante coidadosos, e antes de comezar cunha nova color, limpábamos ben o pincel (cousa que non sucedía moi a menudo fai un par de anos) e o resultado foi moi bo, e pasámolo moi ben. Esperamos repetir axiña.

lunes, 14 de febrero de 2011

Coñecendo as runas


Estes días estamos coñecendo o alfabeto vikingo e a escribir coas runas. As runas son as letras que este pobo empregaban para escribir, e son muy diferentes as nosas.
Armados cunha tabla na que podíamos ver as equivalencias das letras, empezamos por escribir o noso nome en vikingo. O primeiro problema que atopamos foi que non existen todas as letras, como por exemplo a "C", a "V" ou a "X", polo tanto tivemos que buscar unha solución para escribir os nomes de Clara, Carlos, Carlota, Lucas, Lucía, Xurxo, Iván...



Pero tamén o facemos ó revés, traducimos frases en vikingo!

miércoles, 9 de febrero de 2011

Harald, Olaf, Sven....

Levamos varios días coñecendo as roupas dos vikingos e os seus nomes. A verdade é que teñen uns nomes moi curiosos, difíciles de pronunciar e moi diferentes ós nosos!.
Ademas, aproveitamos para decorar a clase con vikingos traballados de varias técnicas diferentes.



Ah, por certo, aínda que nalgúns debuxos os vikingos teñan cornos, xa aprendemos que é una licencia "poética", posto que os de verdade nunca os empregaron....

domingo, 6 de febrero de 2011

Día da Paz

Este pasado luns celebramos ó Día da Paz no cole. Os días anteriores fixeramos coa profe Vero e Pilar os nosos pins da paz, así que os collemos, e saímos ó patio. Alí, xunto con todos os rapaces do cole, escoitamos o manifesto da paz que fixeron e leron os rapaces de 6ºB de primaria.
Despois collemos o cachiño da nosa pomba da paz, feito coas nosas mans, e dous representantes a pegaron, para formar unha gran pomba confeccionada por todos os rapaces do cole.



Despois fixemos unha roda, xunto cos rapaces de 5º e bailamos a canción que levamos ensaiando uns días coa profe de música, Lara.



E para rematar, como xa é tradicional, fixemos a solta de pombas, que como sempre, encantou ós cativos.

jueves, 3 de febrero de 2011

Construíndo un Drakkar

O proxecto dos vikingos vai moi ben, tanto que todavía estamos traballando os Drakkars. Fai un tempiño Carlos trouxo ó cole un material moi especial, un Drakkar en miniatura que nos encantou:



E no patio o outro día, Lucía e Carlos construíron un Drakkar moi especial: