Este pasado luns celebramos ó Día da Paz no cole. Os días anteriores fixeramos coa profe Vero e Pilar os nosos pins da paz, así que os collemos, e saímos ó patio. Alí, xunto con todos os rapaces do cole, escoitamos o manifesto da paz que fixeron e leron os rapaces de 6ºB de primaria.
Despois collemos o cachiño da nosa pomba da paz, feito coas nosas mans, e dous representantes a pegaron, para formar unha gran pomba confeccionada por todos os rapaces do cole.
Despois fixemos unha roda, xunto cos rapaces de 5º e bailamos a canción que levamos ensaiando uns días coa profe de música, Lara.
E para rematar, como xa é tradicional, fixemos a solta de pombas, que como sempre, encantou ós cativos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
La paloma que hicisteis preciosa!!!!!!!Eva encantada porque estaba en el mismo cìrculo que su prima Carmen!!!
Publicar un comentario