miércoles, 23 de septiembre de 2009

O mural do verán

Xa está en marcha o mural coas foto de verán que mandasteis. Cada neno elixiu as súas favoritas e firmou co seu nome. Cando rematemos o colgaremos no corredor xunto cos murais do resto do rapaces de infantil. Como sobraron moitas fotos, as empregaremos para facer traballos e outros murales na nosa clase. Aquí tedes o proceso e o resultado, ata o de agora.

jueves, 17 de septiembre de 2009

O reencontro


Xa levamos unha semana de clase, e a verdade que o reencontro foi moi ben. É certo que moitos rapaces se viron un montón de veces por Pontedeume, pero aquí é diferente. Xa empezamos a traballar un pouquiño, pero tamén exploramos a nova clase, xogamos cos novos xoguetes e estamos mirando todos os días as fotos que mandasteis do verán. Cada rapaz vai contando o que fixo, e polo que parece o pasaron moi ben! Aquí tedes as primeiras fotos do curso.

Por certo, este curso despedímonos de Brais (que te vaia moi ben!!) e recibimos a Pablo, un novo compañeiro.
Por último, recordade que toda a participación neste blog e moi benvida e agradecida! Un saúdo a todos e que teñades un bo curso.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Quentando motores

No cole xa estamos preparandonos para ter todo a punto para o día 11 de setembro (recordade que os coles empezan o día 10, pero en Pontedeume é festivo).
Non esquezades, que mañá, día 3 de setembro, temos a reunión de principio de curso as 10 de mañá. Espero vervos a todos por alí!!!