sábado, 29 de noviembre de 2008

A festa dos cumples

Finalmente, este xoves celebramos os cumpleanos, e aquí temos os homenaxeados:

Despois de poñer as coroas e cantar entre todos o cumpreanos feliz, chegou o momento que todos esperaban dende que entraron pola porta: ¡a tarta!

A tarta desapareciu en minutos e logo, antes de sair o recreo, bailamos (alguns "reptaron") e outros preferiron actividades máis repousadas.

Como o día iba moi frío, ¿Qué mellor que movernos no recreo?. Sacamos o CD, e a profe Ana deleitounos cun montón de bailes. Os nenos pasárono de maravilla.



miércoles, 26 de noviembre de 2008

Cumples de novembro

Acercámonos a final de mes e xa toca celebrar cumples. Neste mes de novembro cumpliron anos Marcos e Aitana, así que mañá a festa é para eles.
Como non, estivemos preparando a tarta. É a mesma receta do mes pasado, e aquí vedes como a preparamos:

E este foi o resultado:

Xa vos contaremos como foi todo!!

jueves, 20 de noviembre de 2008

O Día Internacional dos Dereitos do Neno

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno, e no cole organizamos unha serie de actividades. A cada curso asignouselle un dereito para traballalo máis a fondo e dalo a coñecer entre todos os nenos do centro. O noso e o da clase das Foquiñas foi: " Tódolos nenos teñen dereito ao amor e comprensión de seus pais e da sociedade".
Este e outros dereitos traballámolos un pouquiño na clase, facendo fincapé na sorte que temos de ter papás, mamás, avós, familia, amigos e profes que nos queiran. Sabemos que unha maneira na que a xente demostra o seu amor e comprensión e con abrazos e bicos, e así o reflexamos no mural que preparamos:

Ó chegar pola mañá, sen siqueira poñer os mandilóns, fomos todos xuntos a entrada do cole.

Alí, cada curso dixo ou leu polo altofalante o dereito que estivo traballando. No noso caso foi Alexia, da clase das foquiñas, unha digna representante de todos os nenos de tres anos. Aquí tedes unha foto do momento (con tanta xente ó redor foi difícil sacar unha mellor):

Máis tarde, xusto antes de merendar, fomos de novo o corredor a ver como quedara o noso mural na parede e a ver os dos demáis nenos do cole. A verdade é que quedaron chulísimos, todos moi orixinais e variados.

Así foi este día de celebración no que espero que todos aprenderamos algo.

viernes, 14 de noviembre de 2008

O Magosto


Tal e como vedes na foto, esta mañá na estantería da clase nos esperaban o collar de zonchos - á dereita -, e os recipientes para as castañas - á esquerda -. Todos listos para ser empregados hoxe, nesta semana tan frenética, e con tantas actividades. Todo comezou ó rematar o recreo, saímos todos os nenos do cole ó patio dianteiro, sentámonos e preparámonos para comer as castañas recién asadas, todavía quentiñas. Aquí tedes toooodas as fotos da celebración (recordade que, como sempre, clicando nas imaxes podedes verlas en grande):



Non vos perdades o "momento baile":

martes, 11 de noviembre de 2008

O día do peón

Onte, como xa saberedes, celebramos o Día do Peón. Foi un día moi longo, porque fixemos moitiiiisimas cousas. O primeiro foi, pola mañá, adornar cada un o noso peón: estrenamos os rotuladores, e quen quixo lle puxo tamén gomets.

Unha vez rematados, colocamoslle os lápises, e xa estaban listos para bailar. ¡Quedáronnos muy bonitos!

Logo, ó volver do recreo, collimos os abrigos, os nosos peóns e coas pegatinas pegadas na roupa, saímos todos ó corredor do cole para escoitar o manifesto do Día do Peón. Un profe representante de cada ciclo, foi o encargado de ler unha estrofa, e o retrouso recitámolo entre todos.

¡Xa estabamos listos para facer a nosa primeira saída do cole! Agarrámonos todos a unha corda da que tiraba a profe e dirixímonos ó parque que hai al lado do cole. O bo tempo acompañounos e alí bailamos os nosos peóns.

Un ratiño despois estabamos listos para voltar, xa que empezabamos a estar un pouquiño cansados

Así que, da mesma forma que viñemos, marchamos. Agarrámonos á corda e puxemos rumbo ó cole. Teño que dicir, que para ser a primeira saída, aunque cortiña, todo saiu moi ben.
Para rematar quero poñer unha foto que non ten que ver co Día de Peón, pero que me gustou tanto que quería compartir con todos vos:

¡Ata a próxima!