lunes, 10 de noviembre de 2008

¡Qué medo!

Como xa vos contamos, estes días estivemos traballando o medo. Empezamos facendo unha posta en común coas cousas que nos asustan. Este foi o resultado (si picades na foto o veredes ampliado):


Como vedes hai medos moi diferentes: ós búfalos, á escuridade, os disfraces, meterse baixo a auga...
Con motivo de todo isto, estivemos practicando caras para pegar sustos, igualiño que as cabazas. A verdade é que meten moito medo... e porque non escoitades os gritos aterradores que metían!. Aquí os tedes meténdome sustos - falta Carlos, que tiña o día de "fotos non" :) - :

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que saben meter medo estes cabaliños.Están ben simpáticos.
Non querer sair na foto o meu neno........El e os seus temores.Espero que pouco a pouco vaia perdendo ese medo que ten a algunhas cousiñas.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Agora entendo porqué Eva me estaba a facer caras cando estabamos a cear.Dicíame: agora cara de susto, agora cara de contenta, etc. A verdade é que se ve que o pasan moi ben no cole.