lunes, 22 de noviembre de 2010

Visita á panadería

Continuando co proxecto do millo, os pais de Rocío invitáronnos a visitar á súa panadería. Cando fomos á casa dos avós de Sabela vimos como o millo se convertía en fariña, e hoxe puidemos ver como a fariña se converte en pan.
O tempo acompañou, e fomos camiñando ata alí, saudando a xente que encontrábamos polo camiño.



Unha vez dentro ensináronnos unha máquina onde se van mesturando os ingredientes básicos do pan. Logo déronnos un cacho de masa para facelo coas nosas propias mans. Sen duda, foi o que máis lles gustou ós rapaces, estiveron amasa que te amasa, dando formas como uns verdadeiros profesionais.



O seguinte xa foi observar como unha máquina convertía a masa en barriñas de pan listas para fornear ¡era moi rápida!



O último foi ver como metían a bandexa xigante no forno (a 200 graos !!) cos pans que moi amablemente nos levarían ó cole cando estiveron listos.



Para que vexades como traballaron os rapaces, aqui vos deixo un video:



Tan so nos queda agradecer á Panadería Ríos (e, por tanto, ós pais de Rocío) a súa amabilidade por acollernos tan ben.

jueves, 18 de noviembre de 2010

AVISO

Trala filtración de auga no teito do corredor de educación infantil, situación que xa todos coñeceredes, a ANPA do colexio recomenda non enviar mañá os nenos ó colexio.
Retiráronse algunhas placas do teito polo estado no que se encontraban, e a auga non para de filtrarse xunto con pedazos de escaiola que foron ó chan.
É unha pena que un colexio que apenas ten un ano, non teña operativo o patio (xa sabedes todos que parece unha piscina) e agora o acceso as aulas sexa arriscado.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Proxecto do millo


Aunque xa o empezaramos, xa podemos dicir que estamos metidos de pleno no proxecto do millo. Trala visita a casa dos avós de Sabela, na que aprendimos tanto, agora chegou a hora de poñer en orden e profundizar en todos os nosos coñecementos sobre este cereal.
Estivemos facendo entre todos a primeira parte do mural (aínda non está rematado, e irémolo ampliando pouco a pouco)




Onte, por exemplo, estivemos investigando sobre os hórreos. Fixemos a ficha tras ver que os hai de moitos tipos, pero que todos son mais ou menos rectangulares, con patas e unha porta. Tamén para que vale, que ten mais nomes, poden ser de pedra ou madeira.... Ó final quedáronnos uns debuxos a mar de chulos.

martes, 9 de noviembre de 2010

Novos xogos

Ben é certo que no patio non temos moito espacio, pero aún así os rapaces sempre intentan xogar a cousas novas. O outro día saltaban á corda...e non o facían nada mal!!

sábado, 6 de noviembre de 2010

Por petición popular....

Na clase dos cabaliños están de moda os puzzles. Temos un montón e é sen dudar o xoguete favorito dos rapaces nesta última tempada.
Desde que hai uns días saiu no blog a foto de varios rapaces co seu puzzle feito, os demais tamén queren o seu momento de gloria cando rematan un. Así que agora, da igual que esté ocupada ou facendo outra cousa, que pobre de min como non lles saque unha foto da gran obra. Logo sempre engaden: "non te olvides de poñela no blog".
Así que aquí van as fotos prometidas:



Se vedes que nas fotos hai moitos rapaces, non é que se colaran, é que fixeron o puzzle entre todos! Para que vexades como cooperan os uns cos outros.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Celebramos o Samaín e o Magosto

A semana pasada foi moi emocionante, pois como sabedes celebramos o Samaín e o Magosto. Foron uns días de preparación coa culminación das festas celebradas o venres.
Todos os nenos trouxeron a súa cabaza decorada, a cada cal máis orixinal.



Logo fumos colocalas no corredor para compartilas con todos os nosos compañeiros do cole. Tamen dimos un paseíño polo piso de arriba para ver as cabazas dos nenos de primaria. Gustáronnos un montón!



Chegou o venres, e aínda que o tempo non nos acompañou, papamos un montón de castañas (que gardábamos no castañeiro que fabricamos) con batidos de chocolate. A guinda foi cantar a canción do Samaín, que quixeron repetir unha e outra vez. Bailamos, cantamos e comemos...qué máis se pode pedir?



Finalmente, antes de marchar, sacamos todas as nosas cabazas para compartilas con todo o que quixera pasar por diante do cole. E, como non, levamos para casa o antifaz terrorífico do morcego que fixeron os nenos en inglés coa profe Marga.