lunes, 22 de noviembre de 2010

Visita á panadería

Continuando co proxecto do millo, os pais de Rocío invitáronnos a visitar á súa panadería. Cando fomos á casa dos avós de Sabela vimos como o millo se convertía en fariña, e hoxe puidemos ver como a fariña se converte en pan.
O tempo acompañou, e fomos camiñando ata alí, saudando a xente que encontrábamos polo camiño.



Unha vez dentro ensináronnos unha máquina onde se van mesturando os ingredientes básicos do pan. Logo déronnos un cacho de masa para facelo coas nosas propias mans. Sen duda, foi o que máis lles gustou ós rapaces, estiveron amasa que te amasa, dando formas como uns verdadeiros profesionais.



O seguinte xa foi observar como unha máquina convertía a masa en barriñas de pan listas para fornear ¡era moi rápida!



O último foi ver como metían a bandexa xigante no forno (a 200 graos !!) cos pans que moi amablemente nos levarían ó cole cando estiveron listos.



Para que vexades como traballaron os rapaces, aqui vos deixo un video:



Tan so nos queda agradecer á Panadería Ríos (e, por tanto, ós pais de Rocío) a súa amabilidade por acollernos tan ben.

1 comentario:

Sandra dijo...

Què chulada!una idea estupenda!!!!Una emociòn gigante!!!merendar tu propio bollito de pan!
Gracias a los papàs de Rocio!!!