lunes, 30 de noviembre de 2009

Escribindo

Hoxe estivemos falando dos nosos contos favoritos. Tras facer o debuxo do conto, escribimos nos sós o título! De un en un, e con moita paciencia, fomos deletreando e escribindo como mellor soubemos, e a verdade é que foi moi ben.


Ademáis, este curso temos un montón de tizas de cores no encerado, e tamén nos sirve de campo de entrenamento á hora de escribir autónomamente. Algúns deciden copiar o que escribimos as profes noutras clases, outros o que lles apetece...

lunes, 23 de noviembre de 2009

¡Brumm, brummm!

Parece mentira que despois de tanto tempo non se me ocurrira subir ningunha entrada das clases de psicomotricidade, que tanto lles gustan ós nenos.
O venres pasado Roberto preparou un circuito moi divertido no que nós éramos como coches. Tiñamos que circular, tendo en conta as sinais de tráfico: parando nos Stop, correndo pola autopista, xirando na rotonda, pasando por debaixo do tuneis...

Como podedes ver, o pasamos de medo!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

O outono na clase dos cabaliños

Aínda que xa sabemos dende setembro que estamos no outono, por fin rematamos de decorar a clase como a estación se merece. Nós, xunto co resto das clases de infantil, adornamos o corredor.



Tamén estivemos facendo entre todos un mural de outono que colocamos para compartilo con todos os compañeiros e o vexan ó pasar pola nosa clase. Debuxamos castañas, árbores, herba, nenos correndo, algunha seta.... aquí estamos todos concentrados coa nosa obra de arte:



E finalmente, o resultado:

jueves, 12 de noviembre de 2009

O día do Peón

Onte foi un día especial no cole: O día do Peón. Estivemos parte da mañá moi afanados coloreando a ficha do peón con témpera. E Iván e Brais encontraron a maneira de facer un peón con xogos de construccións.

Xa despois do recreo collemos os nosos peóns e saímos ó patio de primaria a escoitar o manifesto e aprender a bailalos coa axuda dos nosos papás e familiares.

Ó final bailamos a canción do peón o volvemos a clase moi contentos!

A verdade é que foi un bo día e os nenos o pasaron moi ben.