jueves, 26 de marzo de 2009

Visitantes

A semana pasada tivemos uns visitantes que observamos con moita curiosidade. Os trouxo un compañeiro de catro anos, e era un bote cuns renacuajos. Aquí os tedes.

martes, 24 de marzo de 2009

O Mural

Onte Carlos sorprendiunos cun mural preciosísimo que trouxo da súa casa. Nel podemos ver os planetas do Sistema Solar, un cohete, estrelas.... está pegado no Recuncho do Universo nun lugar privilexiado, e é que estas cousas feitas manualmente na casa teñen un valor incalculable.
Aquí o tedes posando con orgullo ante a súa obra:

viernes, 20 de marzo de 2009

Esto avanza!

Xa levamos uns días con o proxecto do Universo, e pouco a pouco os nenos se ven máis motivados investigando e descubrindo cousas.
O primeiro que fixemos foi intentar comprender como funciona o sistema solar. Sabemos que o Sol é unha estrela que está quieta no centro, e que o seu redor xiran todos os planetas. Así que decidimos ir o ximnasio e representalo. Fixémolo dúas veces para poder participar todos. Cada un co seu papeliño representou o seu papel moi ben:

Tamén estivemos investigando as estrelas. Despois de mirar nos libros, facernos varias preguntas e intentar contestalas entre todos, chegamos a varias conclusións. Neste mural están reflectidas un par delas:

Tamén surxiu unha nova pregunta: ¿cal é o planeta máis grande? ¿e o mais pequeno?
Para esto fixemos uns planetas a escala e os medimos. Probamos varias formas, coas mans, cunha regla...

O meu parecer os nenos están motivados co tema, non hai máis que ver o que fan nos momentos de xogo libre:
Mirar os libros con moito interese

Clara acercouseme fai uns días e dixo:"¡Profe, un planeta!". Era Saturno con aros e todo!!!

E tamén hai moitos rapaces que contribuiron con diferente material. Incluso Xurxo trouxo un día unha bonita camiseta!:

Ah! e Xurxo trouxo un CD cunha canción dos Planetas, que os nenos queren escoitar unha e outra vez. Nela nómbranse todos os planetas por orden, aunque nos xa sabemos que agora Plutón xa non é un deles. Aquí tedes a canción por si queredes cantala con eles. É de Enrique y Ana!!:

miércoles, 11 de marzo de 2009

Seguimos cos nosos nomes

Xa sabedes que comezamos a traballar a lectoescritura a partir dun elemento motivador especial para os nenos: o seu nome.
En esto seguimos, facendo cousas novas todos os días, e o último foi facer isto:

A eles lles gustou un montón a idea, e a cada poco pasan a buscar o seu nome, pasar o dedo pola súa letra e interesarse polo nome dalgún amigo. Aquí pilleinos mirando e remirando cando xa levaba uns días colocado e xa non era novidade:

domingo, 8 de marzo de 2009

O recuncho do universo

Como xa vos dixen hai uns días, estamos comezando a traballar nun proxecto que trata un tema apaixoante: O Universo.
Todo comezou a semana pasada, cando nos visitou un planetario viaxeiro. Era como un iglú xigante no que nos ensinaron como era o ceo nocturno, que as estrelas se moven, e que forman imaxes que lles dan nome: a osa maior e menor, o cazador, etc.

Na clase fixemos unha posta en común con dúas propostas interesantes: ¿que sabemos do universo? ¿que nos gustaría saber? Si clicades na foto, veredes as respostas:

Eso si, en canto nos poñamos mans á obra, está moi claro que ambas columnas do mural irán crecendo, porque iremos aprendendo e irán surxindo mais e novos intereses.
Polo de pronto acabamos de crear o "recuncho do universo" un rinconciño na clase que estará dedicando íntegramente a este tema e que expondremos o material aportado desde casa, do cole e os nosos traballos.

Dende aquí anímovos unha vez mais a implicarvos no proxecto, podedes aportar contos, libros de consulta, DVDs, fotos, calendarios, bonecos, material feito na casa, debuxos, bolas do mundo e infinidade de cousas que se vos ocurran. Tamén podedes vir a contarnos un conto, explicarnos calquera cousa, facer un xogo... polo de pronto xa estou impaciente que chegue o luns para que Xurxo nos conte todo o que aprendiu no Planetario da Casa das Ciencias de Coruña.

viernes, 6 de marzo de 2009

Cumples de febreiro

Esta semana celebramos os cumples do mes de febreiro (con un pouquiño de retraso, eso sí). Cumpliron catro anos Ariadna Pico e Yago, e para celebralo preparamos como sempre unha tarta. Pero decidimos cambiar a receita: tarta de limón. Estes eran os ingredientes:

Antes de poñernos mans á obra, estivemos observando e sentindo con detimento os limóns, ¡ulían moi forte!

O primeiro paso era machacar as galletas, para facer a base da tarta, e cada un fixo a súa parte.

Unha vez rematado, o seguinte paso foi ir á sala de profes a quentar un pouco de margarina para mesturala coas galletas, e así facer unha pequena masa. Como podedes ver, os rapaces puxéronse moi cómodos na sala...

Botamos a masa das galletas na fonte...

...mesturamos o leite condensado co zumo de limón e o botamos sobre as galletas.

a deixamos na neveira ata o día seguinte...¡e listo!.
O mércores celebramos os cumples, e como sempre, cantamos o cumpreanos feliz, comimos a tarta, bailamos e xogamos.

¡Parabéns Ari e Yago!
(Por certo, a tarta estaba boísima!!!)

miércoles, 4 de marzo de 2009

Proxecto do universo

Fai uns días veu ó cole de visita un planetario viaxeiro,no que pudimos aprender cousas interesantes sobre o universo. Nós, con este punto de partida, e ó mesmo tempo que as foquiñas, hoxe empezamos a traballar nun proxecto sobre o universo. Calquer aportación dos familiares tanto material como personal, será ben acollida e agradecida por todos os cabaliños. ¡Animádevos!