viernes, 20 de marzo de 2009

Esto avanza!

Xa levamos uns días con o proxecto do Universo, e pouco a pouco os nenos se ven máis motivados investigando e descubrindo cousas.
O primeiro que fixemos foi intentar comprender como funciona o sistema solar. Sabemos que o Sol é unha estrela que está quieta no centro, e que o seu redor xiran todos os planetas. Así que decidimos ir o ximnasio e representalo. Fixémolo dúas veces para poder participar todos. Cada un co seu papeliño representou o seu papel moi ben:

Tamén estivemos investigando as estrelas. Despois de mirar nos libros, facernos varias preguntas e intentar contestalas entre todos, chegamos a varias conclusións. Neste mural están reflectidas un par delas:

Tamén surxiu unha nova pregunta: ¿cal é o planeta máis grande? ¿e o mais pequeno?
Para esto fixemos uns planetas a escala e os medimos. Probamos varias formas, coas mans, cunha regla...

O meu parecer os nenos están motivados co tema, non hai máis que ver o que fan nos momentos de xogo libre:
Mirar os libros con moito interese

Clara acercouseme fai uns días e dixo:"¡Profe, un planeta!". Era Saturno con aros e todo!!!

E tamén hai moitos rapaces que contribuiron con diferente material. Incluso Xurxo trouxo un día unha bonita camiseta!:

Ah! e Xurxo trouxo un CD cunha canción dos Planetas, que os nenos queren escoitar unha e outra vez. Nela nómbranse todos os planetas por orden, aunque nos xa sabemos que agora Plutón xa non é un deles. Aquí tedes a canción por si queredes cantala con eles. É de Enrique y Ana!!:

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Estades a facer un gran traballo.Carlos xa sabe un montón sobre os planetas.A miña noraboa.
Carlos non levou o cd,senón dous libros.O neno dí que foi Xurxo quen levou a canción.
Estes días estamos facendo un mural do sistema solar.Xa o veredes o luns.
Un saúdo.

MARÍA dijo...

Ahi va! pero si veu Carlos a darmo! Xurxo trouxo un DVD con uns debuxos animados de Little Einstein, pero non trouxo nada máis (q eu soubera). A ver se lle caiu o chan a algún neno e Carlos o encontrou e entendin eu mal a cousa!!

Anónimo dijo...

Pois seguro que o atopou,porque él non o levou.
Un bico.

Anónimo dijo...

Nuestra hija "canta" a su manera una canciòn de los planetas`.
Tenemos un planisferio que brilla en la oscuridad;pero quizàs no sea un material muy adecuado para tres años.Si interesa avìsame.

Anita dijo...

pois si, foi Xurxo o da canción dos planetas; él xa me dixera que llo dira Carlos a María. De todos os xeitos, tanto o CD coma o DVD, son para a clase, posto que nos xa os temos grabados noutros discos.

MARÍA dijo...

Gracias por aclararlo, Ana. Están moi ben os dous, os nenos disfrutan moito con ambos.
Un saúdo.