domingo, 8 de marzo de 2009

O recuncho do universo

Como xa vos dixen hai uns días, estamos comezando a traballar nun proxecto que trata un tema apaixoante: O Universo.
Todo comezou a semana pasada, cando nos visitou un planetario viaxeiro. Era como un iglú xigante no que nos ensinaron como era o ceo nocturno, que as estrelas se moven, e que forman imaxes que lles dan nome: a osa maior e menor, o cazador, etc.

Na clase fixemos unha posta en común con dúas propostas interesantes: ¿que sabemos do universo? ¿que nos gustaría saber? Si clicades na foto, veredes as respostas:

Eso si, en canto nos poñamos mans á obra, está moi claro que ambas columnas do mural irán crecendo, porque iremos aprendendo e irán surxindo mais e novos intereses.
Polo de pronto acabamos de crear o "recuncho do universo" un rinconciño na clase que estará dedicando íntegramente a este tema e que expondremos o material aportado desde casa, do cole e os nosos traballos.

Dende aquí anímovos unha vez mais a implicarvos no proxecto, podedes aportar contos, libros de consulta, DVDs, fotos, calendarios, bonecos, material feito na casa, debuxos, bolas do mundo e infinidade de cousas que se vos ocurran. Tamén podedes vir a contarnos un conto, explicarnos calquera cousa, facer un xogo... polo de pronto xa estou impaciente que chegue o luns para que Xurxo nos conte todo o que aprendiu no Planetario da Casa das Ciencias de Coruña.

3 comentarios:

Anita dijo...

Xurxo e o seu irmán Antón quedaron castigados por non comportarse como era debido nas clases de música do sábado. Sen embargo se o próximo fin de semana todo vai como debería, Xurxo terá algo que contar do planetario. Estamos dándolle voltas ó material do universo; temos o "Atlas do Universo", pero vexo que figura xa no voso recuncho.

Anónimo dijo...

Carlos e eu buscaremos máis material sobre o universo.Esperamos atopar algunhas cousiñas máis para poder levarlas ó cole.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

El papà de Eva tiene un "planisferio pequeño" que brilla en la oscuridad...;pero creo que lo tenemos demasiado "guardado"...a ver si lo encontramos.Podemos rescatar del desvàn un globo terràqueo algo cojo...a ver si os sirve par algo.Conozno de oìdas el planetario "itinerante" ..parece muy interesante ,casi màgico!!!!!