miércoles, 18 de febrero de 2009

As maracas

O gran día do entroido xa está preto. Ó longo desta semana estivemos facendo a visita diaria a Manolo e tamén preparando algúns detalliños para o venres.
Entre eles fixemos a maracas, cos botes dos iogures líquidos, gomets vermellos e mañá o rechearemos de arroz.

Non olvidedes que mañá, xoves, faremos a festa e "cataremos" todo tipo de productos típicos destas datas. Xa sabedes que serán para compartir, pero non mandedes moito que sino non poden con todo e sería unha pena que sobre.

lunes, 16 de febrero de 2009

Segunda consigna de Manolo

Cando chegamos pola mañá, Manolo xa tiña, al igual que todos nos, algo na cabeza. E a verdade é que estaba ben chistoso. Eso sí, xa ten a consigna de mañá:

A primeira consigna foi todo un éxito e aquí tedes o resultado:

domingo, 15 de febrero de 2009

Xa chega!!

Mañá comezamos coa celebración do entroido. Dende o venres temos preparado a Manolo coa primeira consigna. Eu xa estoy preparando o que vou levar... e vos?

martes, 10 de febrero de 2009

Visita de Antón Cortizas

O pasado día 4 visitounos Antón Cortizas, e como algunos xa notáchedes nos rapaces, estaban un pouco impacientes. Achegámonos ó comedor, que estaba moi bonito con todos os cartaces e figuras feitas por tódolos rapaces do cole. Antón xa esperaba por nos, e alí conversamos un ratiño e contounos "Vestida co arco da vella". Esta é a crónica en imaxes:

domingo, 8 de febrero de 2009

SUSPÉNDENSE AS CLASES

Debido ó temporal que se acerca ás costas galegas, suspéndense as clases en toda Galicia.
Para ver o aviso da Consellería pinchade aquí

viernes, 6 de febrero de 2009

O cumple de Lucía

Caramba que despiste! non comentamos que o pasado venres, ademáis de celebrar o Día da Paz, tamén celebramos o cumple de Lucía (é a única que cumpre no mes de xaneiro). Pasámolo moi ben e a receita da tarta foi a mesma, pero decidimos que para o próximo cumple a cambiaremos.
Esta foi a tarta:

Aquí lle cantamos á homenaxeada que parece que está pensando na tarta:

A festa posterior, que como xa é habitual, cantamos, bailamos e comimos, claro!:

martes, 3 de febrero de 2009

Recibimos a Antón Cortizas

Mañá, día 4 de febreiro, recibimos a Antón Cortizas. Para ello, fixemos entre todos, un bonito mural que colgará xunto ós outros do cole, dándolle así a benvida. Leímos varios libros do autor, pero eleximos "Vestida co arco da vella" para facer o mural.
Este foi o proceso de pintado, no que todos participaron con moitas ganas:

Quedamos todos moi satisfeitos co resultado final, a ver que vos parece: