miércoles, 14 de enero de 2009

¡Cambiámonos de sitio!


Ó volver das vacacións, das primeiras cousas que fixemos, foi cambiarnos de sitios. Agora estamos sentados con novos compañeiros e compañeiras... está ben esto de variar, así creamos novas dinámicas de traballo e socializamonos con outros rapaces. Eso sí, para a foto, houbo a algúns que non lles apetecía mirar para a cámara :)

jueves, 8 de enero de 2009

O reencontro

Hoxe foi un día de reencontros. Facía moito tempo que non nos víamos e xa parecía que tiñamos ganas de xogar todos xuntos. Na clase, e para celebralo, aparte de contar todo o que fixemos nas vacacións, estivemos bailando e xogando un pouco... ¡que é o primeiro día, e temos moitas cousas que contarnos!


Pero a anéctota do día foi que no patio había xelo!! Fixera tanto frío pola noite que os charquiños do tobogán pequeno estaban conxelados. Foi unha boa ocasión para experimentar e aprender de primeira man o porqué desto.


¡Feliz ano a todos!

viernes, 19 de diciembre de 2008

Unha semana moi completa

Esta semana que marcha, a última lectiva deste 2008, podemos dicir que foi a máis intensa do curso. A verdade é que fixemos moitísimas cousas, tantas, que por fin podo sentarme a contarvos todo con calma.
Todo comezou o martes, coa visita a Residencia de Anciáns que temos en Pontedeume. Foi moi emocionante porque fixemos a viaxe en bus!! Dividímonos en dous grupos, primeiro sairon os nenos de catro e cinco anos. Vinte minutos despois, todos os de tres. En canto o bus arrincou, os nenos comezaron a gritar contentísimos "¡Vamos en bus!" " Estamos en Pontedeume!!!". Aquí podedes ver a súas caras:



Unha vez na residencia, comezamos a recorrela enteira en fila e a verdade é que non temos ningunha queixa do comportamento de todos. Vimos os beléns, cantamos para os residentes e logo invitáronnos a merendar. Antes de coller o bus, corrimos un pouco polo patio dianteiro do centro.

O mércores foi, como todos saberedes, o festival de nadal. A verdade é que pouco podo engadir o que víchedes, quizás as imaxes "roubadas" entre bambalinas, esperando para saír a actuar

Tiña un vídeo (na clase, previo a actuación) grabado que levo un anaco intentando subilo, pero hoxe non quere. A ver si para a próxima...

Onte, xoves, tivemos a visita dos paxes reais á nosa clase! Estiveron un ratiño con nos, dimoslle a carta coas nosas peticións, e eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña con caramelos e un globo. ¡Se ata sabían os nosos nomes!.



E esta é a foto de grupo que sacamos. Nela estamos todos, tamén Ana - profe de relixión - e Verónica, que, como moitos saberedes, é a partir de agora a profe de Informática e Alternativa.


E xa chegamos ó día de hoxe. O día comezou preparando os cumples de decembro - tal como vos dixen nos comentarios da última entrada -, fixemos unha tarta diferente, un pouco navideña, con sobaos e lacasitos:

Intenta ser unha árbore de nadal :) Como sempre fixémola entre todos e cantamos o cumpreanos feliz ás tres homenaxeadas: Carlota, Eva e Julia (parabéns!!)


Xa fixemos a tarta deliberadamente mais pequena, porque ó rematar fumos o ximnasio para celebrar a festa do nadal xunto a toooodos os rapaces de infantil, e nela comimos algunhas cousiñas. E logo bailamos un montón!!

Volvimos todos para clase para recoller as cosas e repartir as carpetas con todos os traballos do trimestre, que estaban desexando ensinarvos.
En fin, despois de esta entrada taaaaaaan longa, despídome de vos ata o ano que ven. Que pasedes unhas boas festas e entredes no 2009 co bo pe!!!

lunes, 15 de diciembre de 2008

As estrelas

Se vos pasastes últimamente polo cole, seguro que víchedes a nova obra de arte que nos acompaña. Trátase do Belén feito por todos os rapaces do cole e que quedou moi, moi bonito. A nosa clase encargouse das estrelas. Primeiro fixemos unhas pequeniñas, iguais que as da clase das Focas. Cada un estampamos a nosa estrela que agora adorna o ceo do Belén.


Pero tamén tivemos a sorte de poder facer a estrela máis importante do Belén, e a verdade é que nos quedou moi ben. Igual na foto non se aprecia que está feita con dous tipos de plasti diferente, pero xa sabedes... non tedes máis que pasarvos polo corredor do cole e a veredes en vivo e directo!


Aquí póñovos unhas pouquiñas fotos que mostran parte do gran traballo feito por todos os nenos do cole:

viernes, 12 de diciembre de 2008

Onte tivemos visita

Onte viñeron ó cole un simpático grupo de tres músicos que nos ensinaron o divertida que pode ser a música. Descubrimos que os arcos dos violíns e violonchelos están feitos con pelos de cola de cabalo, que pódese simular o son de moitos animais (o burro, o elefante...) e que deles sale música moi divertida. Para que vexades o atentos que estabamos:

Ó final tocaron unha panxoliña, e un grupo de nenos voluntarios quixo subir o escenario a bailar un pouco, aquí tedes a proba: