Onte foi un día moi especial para os cabaliños. Fixemos unha gran excursión na que disfrutamos un montón

Foi un día de moitas emocións que comezou a primeira hora da mañá. No bus o pasamos moi ben cantado os grandes éxitos do curso. Aunque o traxecto foi máis ou menos como ó da Casa do Queixo, o viaxe o levaron moito mellor, non se cansaron tanto como a outra vez.
Unha vez chegamos, divídimonos en varios grupos, cada un cun nome dun animal: emús, renos... aunque nas fotos o vexades con impermeables, a verdade é que tivemos sorte e non choviu. Tan só caeron unhas gotas xusto cando iamos ó bus de volta.
O primeiro, coñecer un pouco o terreo:

Aquí tedes un pequeno exemplo dos animais que vimos alí:

Eles pasárono en grande de aquí para alá vendo os animais e coñecendo moitos que nin siquera sabiamos que existían!

O momento da comida tamén foi especial. Todos puxéronse as botas comendo as cousas que trouxeron da casa.

Logo de seguir coñecendo animais, foi a hora de volver a Pontedeume. Nos bus iamos xunto coas tartarugas (os nenos de cinco anos) e as foquiñas, e aunque moitísimos deles caeron rendidos, os cabaliños seguían con ganas de marcha! supoño que cando chegaron a casa si que quedaron durmidos.

En resumen, pasárono moi ben, e falando hoxe con eles había bastante consenso co que máis lles gustou: os lobos (Rasca e Pica) e os linces. Qué vos contaron na casa?
Foi unha gran excursión de fin de curso.